Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

LATERALIDADE E LETRAS ESPECULARES (p-q-d-b)

Ola a todxs! Hoxe tráiovos unha proposta moi completa que serve para traballar moitísimas cousas: atención e percepción visual, lateralidade, conciencia fonolóxica... Esta actividade está especialmente destinada ao alumnado que confunde as letras p-q-b-d cando se introduce na lectura de textos escritos con tipografía de imprenta unha vez dominada a lectoescritura con letra ligada. Esta dificultade está debida a que estas grafías son simétricas entre sí con respecto ao eixo vertical p-q e b-d e con respecto ao eixo orizontal p-b e q-d.   Do mesmo xeito, está recomendada tamén para o alumnado con necesidades diversas como pode ser aqueles que presenten dificultades específicas de aprendizaxe no ámbito da lectoescritura e/ou dislexia así como para todos aqueles que teñan dificultades no eido perceptivo a causa dun déficit atencional e/ou TDAH.   Esta tarefa consta de dúas partes: Na primeira deberán identificar a letra inicial de cada un dos debuxos que a...

ARTICULACIÓN FONEMAS /R/ - /D/

Bo día familias! Hoxe déixovos unha proposta destinada para todos aqueles rapaces e rapazas que acuden ás sesións de AL por dislalias, neste caso, por erros nas articulación dos fonemas /r/ e /d/.  É habitual que ao comezo da aprendizaxe da lectoescritura haxa nenos que cometan erros escribindo palabras como cadamelo* en lugar de caramelo. A maior parte das veces, este erro é causado unha mala articulación na fala. Do mesmo xeito, aínda que menos frecuente, é o caso inverso nenos/as que din, por exemplo, /fireo/ en lugar de /fideo/ e o traducen na escrita da mesma maneira.   O material que os achego consiste nun xogo tipo "memory". Para xogar, tedes que imprimir dúas copias de cada folla (ou se sodes uns artistas, facer os debuxos a man). Unha vez o teñades listo, dádelle a volta e mirade se transparenta o debuxo xa, que nese caso, podedes pegar a folla a unha cartolina. Despois,  recortade polas liñas de puntos e seleccionade varias parellas coas que queirade...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

LEO, COMPRENDO E EXPRÉSOME

Bo comezo de semana! Espero que pasárades unha boa fin de semana e que collérades moitos folgos para a tarefa que vos vou propoñer hoxe. Trátase dun material inspirado na colección "Leo, comprendo y me expreso" da editorial Lebón. Este material está dirixido a rapaces e rapazas que presentan certas dificultades para seguir o aprendizaxe normal da linguaxe escrita nas súas dúas vertentes: lectura e escritura. En concreto, é útil para todo aquel alumnado que precisan un reforzo por presentar dificultades para traballar con fonemas, con sílabas, palabras, estruturas morfosintácticas, etc. como un paso previo á lectura de textos máis amplos.  O material que vos deixo, adapteino para un caso concreto do meu alumnado que aínda non lle colleu moito gusto á lectura, polo que conseguir enganchalo con personaxes coñecidos era unha das miñas prioridades. Por este motivo, parte da visualización dunha escena protagonizada por unha das súas profes para fomentar o interese por saber...

AUDIOCONTO: O ELEFANTE ENCADEADO

Boa tarde, familias! Xa chegou a fin de semana! E coma todos os venres, a proposta de hoxe é máis lúdica. Trátase dun audioconto. Se seguides con asiduidade as entradas publicadas polo  blog da nosa biblioteca seguro que víchedes onte un vídeo moi chulo coas as fotografías da rapazada e profesorado que nos animamos a participar no reto que nos propuxeron dende o Equipo de Biblioteca con motivo do día do libro. Para a miña fotografía escollín o conto infantil titulado "El elefante encadenado" do psicólogo arxentino Jorge Bucay. Por este motivo, hoxe quero lervos e contarvos esta fermosa historia para que comprendades por que me gusta tanto. Espero que vos guste a historia tanto coma a min e que vos sirva para falar cos vosos cativos sobre os medos e inseguirdades que aprendemos ao longo da nosa vida e da importancia de non rendirse nunca, porque desfacerse desa "estaca" na que estamos encadeados é moito máis fácil do que realmente cremos.  Unha apert...

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Ola a todos! Hoxe, 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro, celebración cuxo obxectivo principal é fomentar a lectura e o hábito lector. Durante estes días de confinamento, a música, o debuxo, o exericio físico e a lectura son a mellor forma de manter un equilibrio e saúde mental e física. En concreto, a lectura permítenos manter a cabeza ocupada e desconectar desta situación a través de fermosas poesías ou viaxando a outros mundos fantásticos sen movernos da casa.  Como non podía ser doutra forma, a proposta de hoxe está relacionada con esta conmemoración. En primeiro lugar, buscade tres libros que teñades pola casa, non importa que sexan libros para adultos, vale calquera tipo de libro. Estades preparados? Aí imos! RETO 1: TES MEMORIA DE ELEFANTE?  Lede un a un o título de cada libro, memorizádeo e, sen mirar, tratade de recordar todas as letras do título, se había algún "h", "b" ou "v", algunha tilde ou maiúscula......

DÍA INTERNACIONAL DA TERRA

Boa tarde familias! Hoxe, 22 de abril, conmemoramos o Día Internacional da Terra, celebración cuxo obxectivo é crear conciencia sobre os problemas da sobrepoboación, contaminación e a conservación da biodiversidade entre outras preocupacións ambientais. Aproveitando esta data, a proposta de hoxe é unha comprensión dunha curtametraxe titulada "Rang-tan: la historia del bebé orangután y el aceite de palma" que trata sobre a problemática da extinción dos orangutáns a causa da deforestación dos bosques para obter aceite de palma. A diferencia do vídeo que podedes atopar en Youtube, neste incorporei pequenas pausas nas que formulei preguntas con resposta de opción múltiple para facer seguemento da comprensión do vídeo. Tan só hay que darlle ao "play", ler e respostar as preguntas. Se ben é certo que este fermoso e crítico vídeo está destinado a calquer rapaz/a, o nivel de dificultade das preguntas está adaptado para os primeiros cursos de educación primaria.   ...

COMPRENSIÓN LECTORA E ORIENTACIÓN ESPACIAL

Ola a todxs! A proposta de hoxe vai encamiñada á comprensión lectora de oracións curtas e á orientación espacial. Ademais, ao mesmo tempo afianzamos conceptos matemáticos como as formas xeométricas e a numeración. O obxectivo é que lean as oracións e debuxen o que se lle pide atendendo á consigna esquerda/dereita/arriba/abaixo. Estas actividades están dirixidas ao alumnado do primeiro curso de educación primaria e a aqueles outros de cursos superiores que presenten dificultades específicas de aprendizaxe. Déixovos as fichas para que as imprimades. No caso de non dispoñer de impresora, podedes descargar e abrir as imaxes co programa paint ou outro semellante e debuxar/escribir alí o que se pide. Déixovos aquí tamén as SOLUCIÓNS por se hai dúbidas nalgún punto.  Animádevos a enviar algunha foto para ensinarme o ben que están traballando estes rapaces/as na casa. Podedes subirla AQUÍ ou enviarma ao meu correo electrónico: desiree.martinez@edu.xunta.es Moit...

ARTICULACIÓN FONEMAS /S/ - /Z/

Bo día, familias! Hoxe déixovos unha proposta destinada para todos aqueles rapaces e rapazas que acuden ás sesións de AL por dislalias, é dicir, por erros na articulación dos fonemas, en concreto para o /s/ e /z/.  Trátase dun xogo semellante ao tradicional "Xogo da oca" pero con tres versións: Taboleiro 1: "El juego del sapo" Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/ e /z/. Destinado ao alumnado que aínda non ten adquirido o punto de articulación dun dos dous sons (é dicir, que non sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o fonema /s/ ou /z/). O obxectivo é que saiba discriminar fonolóxicamente palabras dicindo se a palabra ten o son da serpe /s/ ou da abella /z/. Taboleiro 2: "El juego del sapo" Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/. Destinado ao alumnado que ten adquirido o punto de articulación (é dicir, que sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o son /s/ pero que non o ten xeneralizado ...

INICIAMOS UNHA CONVERSA EN LSE

Ola, ola! Comeza a fin de semana e con ela, que mellor que aprender un pouquiño máis de lingua de signos (LSE)?  Como xa sabedes, os nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro coñecen e empregan nun montón de idiomas diferentes: lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa e, pouco a pouco, lingua de signos. Isto do plurilingüismo, ademais de contribuir cunha maior competencia neses idiomas, ten efectos positivos no noso cerebro e fomenta aspectos tan importantes como a conciencia e tolerancia lingüística e cultural, aspectos moi relevantes na educación para unha cidadanía diversa e democrática. Pois ben, hoxe déixovos este breve vídeo con vocabulario básico para iniciar unha conversa en lingua de signos: "Ola", "Que tal?", "Como te chamas?", etc. Anímovos a que o poñades e vaiades practicando canda min e, se vos atrevedes, podedes mandarme un vídeo signando algo ao meu correo electrónico: desiree.martinez@edu.xunta.es.  Recordade que tedes neste...

COÑECEMENTO FONOLÓXICO

Bo día, familias! O coñecemento fonolóxico (conciencia léxica, silábica e fonémica) e a lectoescritura están intimamente reacionadas, xa que a primeira favorece a adquisición da segunda, e o aprendizaxe desta desenvolve a conciencia dos diferentes fonemas. Deste xeito, prodúcese unha correlación entre fonema (son) e grafema (letra escrita) e viceversa. Do mesmo xeito, a conciencia de palabra é imprescindible para unha correcta escritura sen erros de unións e fragmentacións. Estes conceptos, por ser tan abstractos, adoitan ser un pouco confusos na etapa inicial da lectoescritura nos primeiros cursos da educación primaria. Ás veces, atopámonos nas aulas que o alumnado ten dificultades para diferenciar o concepto de palabra, sílaba ou letra e mesmo oración. Por este motivo, a proposta de hoxe vai encamiñada a este fin. Podedes imprimir directamente a ficha ou facer un modelo semellante nunha folla ou caderno.  Déixovos, igualmente, a enquisa de onte para que todos/as a...

COMPRENSIÓN LECTORA

Bo día a todos/as! Hoxe tráiovos unha proposta de comprensión lectora de palabras para o alumnado que está iniciando o proceso lectoescritor como os nenos/as do primeiro curso de educación primaria e aqueles doutros cursos con dificultades específicas de aprendizaxe relacionadas coa lectoescritura. A tarefa consiste en ler as palabras da columna da esquerda e relacionalas cos debuxos. Para realizar esta actividade sería convinte ter impresora mais, no caso de non dispoñer dela, podedes poñela na pantalla do ordenador ou na tableta e sinalar o debuxo correspondente. Despois para completar este traballo e practicar a escritura, podedes facer nun folio ou caderno un dictado con estas palabras. Ademais, déixovos aquí abaixo unha enquisa para coñecer que tipo de tarefas máis os interesea que vaia publicando no blog para adaptar en función das vosas preferencias o tipo de actividades publicadas. De todos modos, como vos comentei noutras entradas, se tedes calquera tipo de proposta ou...

LECTURA FONOLÓXICA

Benvidos de novo, familias! Logo do remate das vacacións de Semana Santa, hoxe damos comezo a esta terceira avaliación. Con todo, o profesorado segue á espera de máis instruccións por parte da Consellaría para poder iniciar a organización da nosa actividade neste terceiro trimestre. De momento, só contamos con  este comunicado  onde se indica que a actividade lectiva non presencial continuarase mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido ata o pasado 13 de marzo. En canto vaiamos tendo máis indicacións, seredes os primeiros en sabelo. Mentres tanto, hoxe déixovos esta proposta, dirixida ao alumnado dos primeiros cursos de educación primaria e aqueles outros de cursos superiores con dificultades específicas de aprendizaxe de lectoescritura e/ou dislexia.  Trátase dunha ficha onde aparecen palabras mal escritas ás que lle faltan unha letra. O obxectivo desta tarefa é empregar a ruta fonolóxica mediante a conversión do grafema-fonema, é dicir, ide...

MÚSICA EN 8D

Ola a todxs! Como estades pasando estes días? Hoxe tráiovos unha proposta musical para que gocedes nestes últimos días de vacacións. Coñecedes a música en 8D? Eu descubrinna hai pouco e quedei abraiada!  Con todo o que está a suceder, é unha oportunidade fantástica para pechar os ollos e relaxarse, evadirse das preocupacións e centrar a atención na música e mais na nosa respiración. Tan só necesitades buscar un sitio onde vos sintades cómodos e uns auriculares (sen eles non apreciaredes o efecto 8D). Con esta actividade, ademais do mencionado anteriormente, a rapazada entrenará a percepción auditiva e a direccionalidade do son xa que ao pechar os ollos pódese ubicar en que dirección procede o son en calquera dos eixos posibles: adiante-atrás, arriba-abaixo e esquerda-dereita. É unha experiencia  impresionante e súper recomendable! Déixovos esta compilación de cancións feita por unha compañeira de profesión marabillosa (grazas Ana por compartir este traballazo!). Espero que v...

SEMINARIOS EN LIÑA GRATUÍTOS

Bo día familias! Como está indo a semana? Eu hoxe tráiovos unha proposta por se se vos acaban as ideas para entretervos durante esta corentena. Trátase duns semimarios en liña gratuítos organizados por Integratek, unha empresa especializada en formación, sensibilización e solucións TIC para unha aula inclusiva. Eu asistín a un par deles a semana pasada e a miña experiencia foi moi positiva, por iso anímovos a que se vos apetece, fagades algún tamén xa que moitos deles están destinados ás familias e a sobrelevar esta situación atípica. É moi fácil anotarse e realízanse a través da plataforma Zoom, sen necesidade de descargar ningún programa.  Déixovos aquí a ligazón:  https://n9.cl/ild7 Unha aperta! #ficamosnacasa

APLICACIÓNS PARA TABLET

Ola familias! Xa estamos en Semana Santa! E aínda que estas están a ser unhas vacacións bastante inusuais, é tempo para desconectar e coller folgos para o próximo trimestre. Por este motivo, hoxe déixovos unha selección de aplicacións para tablet (Android) que emprego co meu alumnado que acude ás sesións de Audición e Linguaxe co fin de que a rapazada siga traballando dende as súas casas diferentes destrezas pero dun xeito máis lúdico. As primeiras serven para traballar a lectoescritura co alumnado dos primeiros cursos de educación primaria e con aqueles doutros cursos que presentan dificultades específicas de aprendizaxe relacionadas coa lectoescritura. Entre as segundas atoparedes apps para traballar atención, memoria visual e auditiva, discriminación auditiva de sons cotiás, vocabulario... Espero que sexan do voso interese. Animádevos a deixar un comentario contándome que tal vos foi! Xa queda menos para volver ás aulas :) #ficamosnacasa

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O TEA

Xa é venres e aproveitando que onte 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA), aproveito para deixarvos este fermosa historia chamada "O meu irmanciño da lúa", unha curtametraxe de Fréderic Philibert sobre o día a día dun neno con Trastorno do Espectro Autista adaptada ao galego polo mestre de Audición e Linguaxe do CEIP Xaquin Loriga. Déixovos esta proposta de ficha para facer despois da visualización da curta para traballar a comprensión lectora, a técnica do resumo así como a educación en valores. Espero que sexa do voso interese. Finalmente, aproveito para visibilizar unha situación que están a vivir as persoas con TEA e máis as súas familias dende o estado de alarma polo COVID-19. Coa Instrucción do 19 de marzo publicada polo Ministerio de Sanidade, permitiuse que as persoas con TEA e outras discapacidades puideran tamén realizar paseos acompañados para que o confinamento non agravase a súa situación. Non...

ATENCIÓN E PERCEPCIÓN VISUAL II

Bo día a todos! Como vos comentei noutra entrada, a percepción visual é a base fundamental do procesamento cognitivo e do razoamento. É unha habilidade importante, indispensable para o éxito escolar e, en concreto para o adecuado desenvolvemento da lectura e da escritura. Por iso, hoxe vouvos propor outro xogo semellante ao que xa publicara pero nesta ocasión coas fermosas ilustracións de Dudolf .   A idea é que xoguedes en familia compartindo bos momentos sen que a rapazada sexa consciente de que están adestrando a súa capacidade de concentración.  Coma sempre, non hai necesidade de imprimir as láminas xa que podedes buscar os elementos escondidos dende a pantalla do ordenador ou da tableta. Espero que sexa do voso interese. Apertas virtuais! #ficamos na casa

SÍLABAS TRABADAS E MIXTAS

Ola, ola! Hai un par de entradas, deixeivos AQUÍ unha proposta para traballar a conciencia fonolóxica de sílabas directas. Hoxe, déixovos unha adaptación ao galego dunha actividade de Orientación Andujar para traballar o mesmo pero con sílabas máis complexas: as sílabas trabadas e mixtas. As sílabas trabadas son os anacos de palabra na que se atopan dúas consonantes seguidas e unha vogal (CCV). Por outro lado, as sílabas mixtas son as que se atopan dúas consonantes e unha vogal tamén pero coa diferencia de que a vogal vai no medio (CVC). Esta actividade está dirixida ao alumnado dos primeiros cursos de educación primaria así como para aqueles que teñen dificultades de aprendizaxe da lectoescritura xa que é común que se produzan sustitucións e inversións tanto na lectura de palabras como na súa escritura.  O obxectivo de esta tarefa é que o neno/a sinale a sílaba que lle falta a cada palabra. Unha vez feito isto, podedes pedirlle que escriba a palabra nun caderno pero tapándol...