Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta vocabulario

XOGO DE MESA: JUST ONE

Feliz venres, familias! Coma sempre, os venres déixovos unha proposta lúdica para traballar en familia ao longo da fin de semana. Nesta ocasión, trátase dun xogo de mesa adaptado e traducido ao galego similar ao xogo Just one. Este é un xogo de mesa cooperativo no que todos os participantes xogan para conseguir a mellor puntuación. Xuntos, os xogadores teñen que facer que un deles (o xogador activo) adiviñe unha palabra misteriosa, escribindo en segredo unha pista nun papeliño. Cada un elixe a súa posta sen poñerse de acordo co resto e sendo orixinal para non escribir a mesma palabra que outro xogador. De feito, todas as pistas iguais serán anuladas antes incluso de que o xogador activo poida velas. Ao final da partida, calcúlanse as puntuacións en función do número de palabras misteriosas atopadas.  Para poder xogar deberedes imprimir as tarxetas e recortalas polas liñas de puntos. Recoméndovos que lle peguedes un folio de cores para evitar que traspasen as palabras e inc...

CONCIENCIA FONÉMICA : ENCRUCILLADO

Bo inicio de semana! Como recordaredes, o venres pasado conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, durante esta fin de semana ocorríuseme unha actividade para a proposta de hoxe: trátase dun encrucillado sobre palabras relacionadas cos 3 R: reducir, reutilizar, reciclar.  Trátase dunha actividade moi completa xa que estamos a traballar diferentes aspectos ao mesmo tempo: comprensión lectora, conciencia fonémica e vocabulario específico.  Como ten un léxico de nivel medio-alto, esta actividade está indicada para os cursos medios-altos de educación primaria pero que, coa axuda de adultos poden realizar todas as idades. Tedes os debuxos ao arredor do encrucillado para facilitarvos á tarefa. De todos os xeitos, déixovos tamén AQUÍ a solución en caso de dúbidas.  Xa por último, para un 10 de nota, anímovos a que indaguedes en Internet xa que algúns expertos/as están a falar xa dos 7R en lugar dos 3R para ser un bo consumidor comprometido co medio amb...

APLICACIÓNS PARA TABLET

Ola familias! Xa estamos en Semana Santa! E aínda que estas están a ser unhas vacacións bastante inusuais, é tempo para desconectar e coller folgos para o próximo trimestre. Por este motivo, hoxe déixovos unha selección de aplicacións para tablet (Android) que emprego co meu alumnado que acude ás sesións de Audición e Linguaxe co fin de que a rapazada siga traballando dende as súas casas diferentes destrezas pero dun xeito máis lúdico. As primeiras serven para traballar a lectoescritura co alumnado dos primeiros cursos de educación primaria e con aqueles doutros cursos que presentan dificultades específicas de aprendizaxe relacionadas coa lectoescritura. Entre as segundas atoparedes apps para traballar atención, memoria visual e auditiva, discriminación auditiva de sons cotiás, vocabulario... Espero que sexan do voso interese. Animádevos a deixar un comentario contándome que tal vos foi! Xa queda menos para volver ás aulas :) #ficamosnacasa

PARA TRABALLAR A ATENCIÓN

Ola familias! Hoxe déixovos unhas láminas moi chulas atopadas en Pínterest para traballar a percepción, a atención e o vocabulario expresivo. Este tipo de actividades resultan moi útiles para iniciar as sesións de traballo con todo o alumnado en xeral e, especialmente, con aqueles que presentan dificultades atencionais derivadas ou non de TDAH.  Nesta actividade tedes que atopar os elementos que busca cada personaxe agochados nesas montañas de obxectos (podedes imprimir as láminas ou facelo directamente sinalando na pantalla do ordenador ou na tableta). Para engadirlle máis emoción, podedes xogar cos cativos a modo de competición a ver quen atopa o maior número de elementos ou quen os localiza antes. Para traballar a rapidez na evocación de palabras, pedídelle ao neno/a que unha vez atopado un obxecto que diga en voz alta o nome do mesmo antes de pasar a buscar o seguinte.  Deixádeme un comentario e contádeme que tal vos foi :) Un saúdo! #ficamosnacasa