Saltar ao contido principal

LEO, COMPRENDO E EXPRÉSOME

Bo comezo de semana!

Espero que pasárades unha boa fin de semana e que collérades moitos folgos para a tarefa que vos vou propoñer hoxe. Trátase dun material inspirado na colección "Leo, comprendo y me expreso" da editorial Lebón. Este material está dirixido a rapaces e rapazas que presentan certas dificultades para seguir o aprendizaxe normal da linguaxe escrita nas súas dúas vertentes: lectura e escritura. En concreto, é útil para todo aquel alumnado que precisan un reforzo por presentar dificultades para traballar con fonemas, con sílabas, palabras, estruturas morfosintácticas, etc. como un paso previo á lectura de textos máis amplos. 
O material que vos deixo, adapteino para un caso concreto do meu alumnado que aínda non lle colleu moito gusto á lectura, polo que conseguir enganchalo con personaxes coñecidos era unha das miñas prioridades. Por este motivo, parte da visualización dunha escena protagonizada por unha das súas profes para fomentar o interese por saber que está a pasar. Tendo en conta que falamos de nenos para os que a lectura lles resulta unha dificultade, a idea é motivalos ao ver a escena. Despois hai unha breve historia relacionada coa escena do debuxo e unha serie de exercicios de observar e contestar oralmente a preguntas, comprensión lectora, relacionar palabras por campo semántico, sopas de letras, completar texto con palabras, separación de palabras, localizar erros... 



Espero que vos sexa útil! Se tedes calquera dúbida deixádeme un comentario ou poñédevos en contacto comigo a través da barra despregable da dereita en "Formulario de contacto" ou a través do meu correo electrónico:
desiree.martinez@edu.xunta.es

Apertas virtuais :)

#ficamosnacasa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

OS MESES

Bo inicio de semana! Que tal estades? Hoxe damos comezo a un novo mes, o mes de xuño. Xa estamos a mediados deste ano atípico... que rápido pasa o tempo! Pois ben, ocorríuseme unha actividade para repasar os meses do ano e mais a súa correspondencia numérica cando escribimos a data curta. Déixovos un exemplo: DATA LONGA: Luns, 1 de xuño de 2020 DATA CURTA: 1/ 6 /20 Unha das características dalgúns nenos e nenas que veñen ás miñas sesións de AL como aqueles que teñen Dislexia ou TDAH é a dificultade para recordar series memorísticas como os días da semana, os meses, as estacións do ano... Por iso, esta actividade vai especialmente adicada para todos eles, aínda que tamén está recomendada para todo o alumnado que precise repasar estes aspectos. Ademais, nesta actividade tamén traballamos a comprensión lectora, xa que non é o mesmo ler unha palabra que entender o significado da mesma, e isto é imprescindible para facer este exercicio.  Trátase, por tanto, dunha act...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...