Saltar ao contido principal

LATERALIDADE E LETRAS ESPECULARES (p-q-d-b)

Ola a todxs!

Hoxe tráiovos unha proposta moi completa que serve para traballar moitísimas cousas: atención e percepción visual, lateralidade, conciencia fonolóxica... Esta actividade está especialmente destinada ao alumnado que confunde as letras p-q-b-d cando se introduce na lectura de textos escritos con tipografía de imprenta unha vez dominada a lectoescritura con letra ligada. Esta dificultade está debida a que estas grafías son simétricas entre sí con respecto ao eixo vertical p-q e b-d e con respecto ao eixo orizontal p-b e q-d.  
Do mesmo xeito, está recomendada tamén para o alumnado con necesidades diversas como pode ser aqueles que presenten dificultades específicas de aprendizaxe no ámbito da lectoescritura e/ou dislexia así como para todos aqueles que teñan dificultades no eido perceptivo a causa dun déficit atencional e/ou TDAH.  

Esta tarefa consta de dúas partes:
  1. Na primeira deberán identificar a letra inicial de cada un dos debuxos que aparecen aí: p (pato), b (barco), q (queixo), d (dado) e rodear as letras que aparecen debaixo da mesma cor que están rodeados os debuxos de arriba. Deste modo, deberán rodear todas as letras "p" de cor amarelo, as letras "b" de cor azul, as "q" de verde e as "d" de vermello. Finalmente, para seguir traballando a atención e mais o conteo, pódense contar o número que hai de cada unha destas letras e contestar á pregunta optativa do final. A miña recomendación é que lle digades ao neno/a que escolla unha letra e vaia fila a fila buscándoa para evitar distracciones obtendo así unha maior velocidade na execución da tarefa. 
  2. Na segunda parte, deberán buscar as letras p-q-b-d agochadas nas palabras e colorealas seguindo o mesmo patrón que na ficha anterior; é dicir, as letras "p" de cor amarelo, as "b" de cor azul, as "q" de cor verde e as "d" de cor vermello. 






Se non tedes a posibilidade de imprimir estas fichas na casa, podedes escribir nun folio as letras ao chou e que as rodee dándolles vós o patrón de cor e, do mesmo xeito, podedes escribir as palabras de abaixo para que rodee as letras coas cores que lle digades. Iso sí, recordade que a letra que fagades debe ser de imprenta, non ligada.
Animádevos a mandarme unha foto coas vosas tarefas, estarei encantada de velas :)
Coma sempre, podedes subilas AQUÍ ou enviarmas ao meu correo electrónico:
desiree.martinez@edu.xunta.es

Un saúdo e...

#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...