Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta familias

XOGO DE MESA: JUST ONE

Feliz venres, familias! Coma sempre, os venres déixovos unha proposta lúdica para traballar en familia ao longo da fin de semana. Nesta ocasión, trátase dun xogo de mesa adaptado e traducido ao galego similar ao xogo Just one. Este é un xogo de mesa cooperativo no que todos os participantes xogan para conseguir a mellor puntuación. Xuntos, os xogadores teñen que facer que un deles (o xogador activo) adiviñe unha palabra misteriosa, escribindo en segredo unha pista nun papeliño. Cada un elixe a súa posta sen poñerse de acordo co resto e sendo orixinal para non escribir a mesma palabra que outro xogador. De feito, todas as pistas iguais serán anuladas antes incluso de que o xogador activo poida velas. Ao final da partida, calcúlanse as puntuacións en función do número de palabras misteriosas atopadas.  Para poder xogar deberedes imprimir as tarxetas e recortalas polas liñas de puntos. Recoméndovos que lle peguedes un folio de cores para evitar que traspasen as palabras e inc...

COMPRENSIÓN LECTORA

Ola familias! Seguimos coa temática da diversidade familiar e, desta volta, traballaremos a comprensión lectora. A proposta de hoxe trátase de 12 ilustracións de familias diversas e catro pequenos textos extraídos do conto infantil "Familias" de Oh! Mami Blue e traducidos ao galego. O obxectivo desta tarefa e que comprendan eses pequenos textos e identifiqnuen a ilustración á que se corresponde.  Trátase dunha actividade interactiva, polo que chegaría con premer sobre a imaxe que crean que é a verdadeira. Ao rematar a actividade dáselle ao botón "¡Terminado!" e móstranse os acertos. De todos os xeitos, se preferides imprimir as fichas e facelas a man, podedes descargalas coma sempre AQUÍ .  Comprensión lectora: FAMILIAS , una ficha interactiva de desireemartinez live worksheets.com Espero que lle saquedes moito proveito para poder dialogar sobre os diversos tipos de familia que existen na nosa sociedade actual e favorecer así a súa visibilizació...

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Bo comezo de semana! O pasado venres 15 de maio, tiñamos unha data moi importante que conmemorar: o Día Internacional da Familia. Ao mesmo tempo, onte, domingo 17 de maio, celebrábase tamén en todo o mundo o Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia. Pois ben, segundo a Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso e mais o artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersecuais en Galicia , para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos deben realizar actividades específicas próximas ás datas de celebración internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.  A actividade de hoxe, por tanto, vai nesa liña. Trátase dun fermoso audioconto chamado " Con Tango son tres". Esta é a historia real de dous ...

XOGO DE MESA PARA TRABALLAR LECTOESCRITURA

Boa tarde, familias! Como todos os venres, hoxe quero propoñervos unha tarefa lúdica para pasar a fin de semana en familia. Trátase dun xogo de mesa tipo Scrabble ou Apalabrados .  É un xogo que activa o léxico que coñecemos, permítenos realizar estratexias, ampliar novo vocabulario e combinar letras para conseguir o máximo número posible de puntos ao enlazar palabras. Ao mesmo tempo, os cativos/as con dificultades para asociar fonema (son) con grafía (letra) aprenden estas reglas de conversión fonema-grafema e recoñecen as sílabas e as súas combinacións. A miña proposta é que confeccionedes un xogo totalmente caseiro entre toda a familia, de forma colaborativa e pasedes un bo anaco xogando todos xuntos. Anticípovos que na miña casa xa probamos e é moi divertido! Como facelo? O xogo contén unhas fichas cadradas con letras e puntuacións. Déixovos no modelo de abaixo o número de fichas para cada letra e a puntuación de cada letra na versión castelá. Para a vers...

SEMINARIOS EN LIÑA GRATUÍTOS

Bo día familias! Como está indo a semana? Eu hoxe tráiovos unha proposta por se se vos acaban as ideas para entretervos durante esta corentena. Trátase duns semimarios en liña gratuítos organizados por Integratek, unha empresa especializada en formación, sensibilización e solucións TIC para unha aula inclusiva. Eu asistín a un par deles a semana pasada e a miña experiencia foi moi positiva, por iso anímovos a que se vos apetece, fagades algún tamén xa que moitos deles están destinados ás familias e a sobrelevar esta situación atípica. É moi fácil anotarse e realízanse a través da plataforma Zoom, sen necesidade de descargar ningún programa.  Déixovos aquí a ligazón:  https://n9.cl/ild7 Unha aperta! #ficamosnacasa