Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Memoria auditiva secuencial

MEMORIA AUDITIVA SECUENCIAL

Bo día, familias! Recordades a proposta "E ti, tes memoria de elefante" ? Nesa tarefa o alumnado debía repetir na mesma orde a secuencia de palabras que escoitaba. Pois ben, a proposta de hoxe é unha actividade semellante, onde o alumnado deberá repetir, neste caso, unha secuencia númérica, cada vez máis grande. Comezaremos por un único díxito ata dez. Esta actividade está dirixida á totalidade do alumnado, non obstante, debemos ter en conta que canto menor sexa o cativo/a menos cantidade de números será capaz de recordar e repetir. Por este motivo, cando o neno/a non sexa capaz de reproducir os números que escoita débese parar o audio xa que, de continuarmos, o único que conseguiríamos sería unha maior frustración. Do mesmo xeito, para a rapazada que sexa capaz de seguir a secuencia numérica, podedes seguir ampliándolla verbalizando máis díxitos. Estame avisando de que está dando erros o reproductor do audio, déixovos a ligazón para escoitar o audio por se acaso...

CONCIENCIA LÉXICA

Bo día familias! Xa vos teño falado da importancia de posuír un bo nivel en coñecemento fonolóxico (conciencia de palabra, sílaba e fonema) para previr e atallar as dificultades na lectoescritura. Nesta ocasión, traballaremos a primeira de todas, a conciencia de palabra ou conciencia léxica. Esta destreza permite identificar e manipular de forma deliberada as palabras que compoñen as frases ou oracións. Pois ben, coa proposta de hoxe, seguiremos traballando o conto " Con Tango son tres " xa que con esta actividade escoitaredes oracións extraídas da lectura. O obxectivo desta tarefa será identificar o número de palabras coas que conta cada oración. Para iso, o alumnado deberá escoitar ben atento unha a unha as seis oracións e, coa axuda dos dedos, irán contando as palabras a medida que se vaian pronunciando. Saberedes identificar a oración máis longa? e a máis curta? Xa vos decataredes de que, ao tempo que traballamos esta habilidade metalingüística, con esta actividade ...

MEMORIA SECUENCIAL AUDITIVA

Ola, ola! Xa estamos a xoves e hoxe vouvos deixar unha proposta para traballar a memoria secuencial auditiva. Sabedes de que estamos a falar? A memoria secuencial auditiva é a capacidade de almacenar e recordar a información que se presenta de forma oral de maneira secuencial. Trátase da capacidade e habilidade para recordar e repetir series de estímulos sonoros (palabras ou frases) de diferente lonxitude e na orde exacta. Traballar esta habilidade é fundamental para os nenos que teñen dificultade para seguir instruccións con máis de dúas ordes, para nenos que presentan dificultade para formar palabras polisílabas (p.e. nenos que din murciégalo* en lugar de murciélago*) ou nenos que teñen dificultade para almacenar e relacionar informacións escritas (p.e. nenos que tras ler tres ou catro oracións ou parágrafos dun texto, non recordan o que leron ao principio). Esta actividade consiste en escoitar o audio que atoparedes abaixo no que vou verbalizando secuencias de tres, catro e c...