Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Dislalias

ARTICULACIÓN S/Z

Ola a todxs! Hoxe déixovos unha proposta dunha actividade que gusta moito aos nenos e nenas que veñen á aula de Audición e Linguaxe a corrixir dislalias ou erros na articulación da fala. En concreto, a actividade de hoxe está destinada ao alumnado que ten erros na articulación do fonema /s/ e /z/ e, xa son capaces de colocar os órganos articulatorios na posición correcta para emitir o son mais non teñen automatizados nin xeneralizados na súa fala expontánea. Trátase de dúas fichas de Eugenia Romero  para traballar o fonema /s/ e o fonema /z/ ao mesmo tempo que xogan co famoso "spinner". O obxectivo é situar o spinner no debuxo superior da dereita, facelo xirar e mentres tanto, dicir o maior número de palabras posibles que correspondan cos debuxos. Unha vez pare de xirar, podedes escribir as palabras no caderno, dicir ou escribir algunha oración con estas palabras, etc. e así reforzar os contidos traballados.  Déixovos as palabras de cada unha destas fichas...

DISCRIMINACIÓN FONOLÓXICA /D/ - /R/

Bo día, familias! A proposta de hoxe vai encamiñada a traballar as dislalias, é dicir, os erros da fala a nivel articulatorio, e máis concretamente, aqueles que se producen por unha substitución da vibrante simple /r/ pola oclusiva dental /d/ ou viceversa.  Trátase dunha serie de fichas onde se deben rodear os debuxos que aparecen nelas de dúas cores diferentes en función de se levan o fonema /d/ (en vermello) ou o fonema /r/ (en verde). Tamén, inclúo unha táboa para clasificar estas palabras en dúas columnas traballando así a conversión fonema-grafema no caso de que estes erros a nivel oral se traduzan tamén na escrita. O obxectivo é que os nenos e nenas fixen a atención nos debuxos e vaian dicindo un a un os nomes que representan esas imaxes identificando así o son da mosca /d/ ou o son da moto /r/.  Déixovos a listaxe de vocabulario por se hai dúbidas en canto aos debuxos. Páx. 1: cara, loro, regadeira, dedo, xaneiro, dente, ouro, dado, puro, diñeiro,...

ARTICULACIÓN FONEMAS /R/ - /D/

Bo día familias! Hoxe déixovos unha proposta destinada para todos aqueles rapaces e rapazas que acuden ás sesións de AL por dislalias, neste caso, por erros nas articulación dos fonemas /r/ e /d/.  É habitual que ao comezo da aprendizaxe da lectoescritura haxa nenos que cometan erros escribindo palabras como cadamelo* en lugar de caramelo. A maior parte das veces, este erro é causado unha mala articulación na fala. Do mesmo xeito, aínda que menos frecuente, é o caso inverso nenos/as que din, por exemplo, /fireo/ en lugar de /fideo/ e o traducen na escrita da mesma maneira.   O material que os achego consiste nun xogo tipo "memory". Para xogar, tedes que imprimir dúas copias de cada folla (ou se sodes uns artistas, facer os debuxos a man). Unha vez o teñades listo, dádelle a volta e mirade se transparenta o debuxo xa, que nese caso, podedes pegar a folla a unha cartolina. Despois,  recortade polas liñas de puntos e seleccionade varias parellas coas que queirade...

ARTICULACIÓN FONEMAS /S/ - /Z/

Bo día, familias! Hoxe déixovos unha proposta destinada para todos aqueles rapaces e rapazas que acuden ás sesións de AL por dislalias, é dicir, por erros na articulación dos fonemas, en concreto para o /s/ e /z/.  Trátase dun xogo semellante ao tradicional "Xogo da oca" pero con tres versións: Taboleiro 1: "El juego del sapo" Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/ e /z/. Destinado ao alumnado que aínda non ten adquirido o punto de articulación dun dos dous sons (é dicir, que non sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o fonema /s/ ou /z/). O obxectivo é que saiba discriminar fonolóxicamente palabras dicindo se a palabra ten o son da serpe /s/ ou da abella /z/. Taboleiro 2: "El juego del sapo" Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/. Destinado ao alumnado que ten adquirido o punto de articulación (é dicir, que sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o son /s/ pero que non o ten xeneralizado ...