Ola familias! Seguimos coa temática da diversidade familiar e, desta volta, traballaremos a comprensión lectora. A proposta de hoxe trátase de 12 ilustracións de familias diversas e catro pequenos textos extraídos do conto infantil "Familias" de Oh! Mami Blue e traducidos ao galego. O obxectivo desta tarefa e que comprendan eses pequenos textos e identifiqnuen a ilustración á que se corresponde. Trátase dunha actividade interactiva, polo que chegaría con premer sobre a imaxe que crean que é a verdadeira. Ao rematar a actividade dáselle ao botón "¡Terminado!" e móstranse os acertos. De todos os xeitos, se preferides imprimir as fichas e facelas a man, podedes descargalas coma sempre AQUÍ . Comprensión lectora: FAMILIAS , una ficha interactiva de desireemartinez live worksheets.com Espero que lle saquedes moito proveito para poder dialogar sobre os diversos tipos de familia que existen na nosa sociedade actual e favorecer así a súa visibilizació...