Ola a todxs!
Animádevos a enviar algunha foto para ensinarme o ben que están traballando estes rapaces/as na casa. Podedes subirla AQUÍ ou enviarma ao meu correo electrónico:
A proposta de hoxe vai encamiñada á comprensión lectora de oracións curtas e á orientación espacial. Ademais, ao mesmo tempo afianzamos conceptos matemáticos como as formas xeométricas e a numeración. O obxectivo é que lean as oracións e debuxen o que se lle pide atendendo á consigna esquerda/dereita/arriba/abaixo.
Estas actividades están dirixidas ao alumnado do primeiro curso de educación primaria e a aqueles outros de cursos superiores que presenten dificultades específicas de aprendizaxe.
Estas actividades están dirixidas ao alumnado do primeiro curso de educación primaria e a aqueles outros de cursos superiores que presenten dificultades específicas de aprendizaxe.
Déixovos as fichas para que as imprimades. No caso de non dispoñer de impresora, podedes descargar e abrir as imaxes co programa paint ou outro semellante e debuxar/escribir alí o que se pide. Déixovos aquí tamén as SOLUCIÓNS por se hai dúbidas nalgún punto.
Animádevos a enviar algunha foto para ensinarme o ben que están traballando estes rapaces/as na casa. Podedes subirla AQUÍ ou enviarma ao meu correo electrónico:
desiree.martinez@edu.xunta.es
Moito ánimo!
#ficamosnacasa
Comentarios
Publicar un comentario
Graciñas polo teu comentario :)