Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sigmatismo

ARTICULACIÓN S/Z

Ola a todxs! Hoxe déixovos unha proposta dunha actividade que gusta moito aos nenos e nenas que veñen á aula de Audición e Linguaxe a corrixir dislalias ou erros na articulación da fala. En concreto, a actividade de hoxe está destinada ao alumnado que ten erros na articulación do fonema /s/ e /z/ e, xa son capaces de colocar os órganos articulatorios na posición correcta para emitir o son mais non teñen automatizados nin xeneralizados na súa fala expontánea. Trátase de dúas fichas de Eugenia Romero  para traballar o fonema /s/ e o fonema /z/ ao mesmo tempo que xogan co famoso "spinner". O obxectivo é situar o spinner no debuxo superior da dereita, facelo xirar e mentres tanto, dicir o maior número de palabras posibles que correspondan cos debuxos. Unha vez pare de xirar, podedes escribir as palabras no caderno, dicir ou escribir algunha oración con estas palabras, etc. e así reforzar os contidos traballados.  Déixovos as palabras de cada unha destas fichas...

ARTICULACIÓN FONEMAS /S/ - /Z/

Bo día, familias! Hoxe déixovos unha proposta destinada para todos aqueles rapaces e rapazas que acuden ás sesións de AL por dislalias, é dicir, por erros na articulación dos fonemas, en concreto para o /s/ e /z/.  Trátase dun xogo semellante ao tradicional "Xogo da oca" pero con tres versións: Taboleiro 1: "El juego del sapo" Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/ e /z/. Destinado ao alumnado que aínda non ten adquirido o punto de articulación dun dos dous sons (é dicir, que non sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o fonema /s/ ou /z/). O obxectivo é que saiba discriminar fonolóxicamente palabras dicindo se a palabra ten o son da serpe /s/ ou da abella /z/. Taboleiro 2: "El juego del sapo" Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/. Destinado ao alumnado que ten adquirido o punto de articulación (é dicir, que sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o son /s/ pero que non o ten xeneralizado ...