Saltar ao contido principal

SÍLABAS TRABADAS E MIXTAS

Ola, ola!
Hai un par de entradas, deixeivos AQUÍ unha proposta para traballar a conciencia fonolóxica de sílabas directas. Hoxe, déixovos unha adaptación ao galego dunha actividade de Orientación Andujar para traballar o mesmo pero con sílabas máis complexas: as sílabas trabadas e mixtas. As sílabas trabadas son os anacos de palabra na que se atopan dúas consonantes seguidas e unha vogal (CCV). Por outro lado, as sílabas mixtas son as que se atopan dúas consonantes e unha vogal tamén pero coa diferencia de que a vogal vai no medio (CVC). Esta actividade está dirixida ao alumnado dos primeiros cursos de educación primaria así como para aqueles que teñen dificultades de aprendizaxe da lectoescritura xa que é común que se produzan sustitucións e inversións tanto na lectura de palabras como na súa escritura. 
O obxectivo de esta tarefa é que o neno/a sinale a sílaba que lle falta a cada palabra. Unha vez feito isto, podedes pedirlle que escriba a palabra nun caderno pero tapándolle o modelo. Cando xa estea escrita, recomendádelle que a volva a ler para comprobar se está ben escrita ou non.   



Coma sempre, non é preciso que imprimades este documento xa que con visualizalo na pantalla do ordenador ou na tableta é suficiente. 
Espero que sexa de utilidade!

Un saúdo, xa queda menos!
#ficamosnacasa 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...