Bo día, familias!
O coñecemento fonolóxico (conciencia léxica, silábica e fonémica) e a lectoescritura están intimamente reacionadas, xa que a primeira favorece a adquisición da segunda, e o aprendizaxe desta desenvolve a conciencia dos diferentes fonemas. Deste xeito, prodúcese unha correlación entre fonema (son) e grafema (letra escrita) e viceversa. Do mesmo xeito, a conciencia de palabra é imprescindible para unha correcta escritura sen erros de unións e fragmentacións. Estes conceptos, por ser tan abstractos, adoitan ser un pouco confusos na etapa inicial da lectoescritura nos primeiros cursos da educación primaria. Ás veces, atopámonos nas aulas que o alumnado ten dificultades para diferenciar o concepto de palabra, sílaba ou letra e mesmo oración. Por este motivo, a proposta de hoxe vai encamiñada a este fin. Podedes imprimir directamente a ficha ou facer un modelo semellante nunha folla ou caderno.
Déixovos, igualmente, a enquisa de onte para que todos/as aqueles que aínda non a cubriron, poidan facelo.
Moito ánimo, familias! Xa queda un día menos :)
#ficamosnacasa
Comentarios
Publicar un comentario
Graciñas polo teu comentario :)