Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta lateralidade

LATERALIDADE E LETRAS ESPECULARES (p-q-d-b)

Ola a todxs! Hoxe tráiovos unha proposta moi completa que serve para traballar moitísimas cousas: atención e percepción visual, lateralidade, conciencia fonolóxica... Esta actividade está especialmente destinada ao alumnado que confunde as letras p-q-b-d cando se introduce na lectura de textos escritos con tipografía de imprenta unha vez dominada a lectoescritura con letra ligada. Esta dificultade está debida a que estas grafías son simétricas entre sí con respecto ao eixo vertical p-q e b-d e con respecto ao eixo orizontal p-b e q-d.   Do mesmo xeito, está recomendada tamén para o alumnado con necesidades diversas como pode ser aqueles que presenten dificultades específicas de aprendizaxe no ámbito da lectoescritura e/ou dislexia así como para todos aqueles que teñan dificultades no eido perceptivo a causa dun déficit atencional e/ou TDAH.   Esta tarefa consta de dúas partes: Na primeira deberán identificar a letra inicial de cada un dos debuxos que a...

COMPRENSIÓN LECTORA E ORIENTACIÓN ESPACIAL

Ola a todxs! A proposta de hoxe vai encamiñada á comprensión lectora de oracións curtas e á orientación espacial. Ademais, ao mesmo tempo afianzamos conceptos matemáticos como as formas xeométricas e a numeración. O obxectivo é que lean as oracións e debuxen o que se lle pide atendendo á consigna esquerda/dereita/arriba/abaixo. Estas actividades están dirixidas ao alumnado do primeiro curso de educación primaria e a aqueles outros de cursos superiores que presenten dificultades específicas de aprendizaxe. Déixovos as fichas para que as imprimades. No caso de non dispoñer de impresora, podedes descargar e abrir as imaxes co programa paint ou outro semellante e debuxar/escribir alí o que se pide. Déixovos aquí tamén as SOLUCIÓNS por se hai dúbidas nalgún punto.  Animádevos a enviar algunha foto para ensinarme o ben que están traballando estes rapaces/as na casa. Podedes subirla AQUÍ ou enviarma ao meu correo electrónico: desiree.martinez@edu.xunta.es Moit...

LATERALIDADE E ORIENTACIÓN ESPACIAL II

Bo comezo de semana! A proposta para hoxe é outro xogo para contribuir á interiorización e maduración das nocións espaciais así como ao afianzamento da distribución e da posición no espazo do alumnado que presenta inmadurez á hora de interiorizar, desenvolver ou afianzar ditos conceptos. Déixovos dous modelos estruturados: un máis doado e outro máis complicado para que escollades o máis apropiado en función do neno/a. Do mesmo xeito, déixovos as solucións para que, no caso de haber erros, comprobedes onde se produxeron. Por último, nas páxinas 4 e 5 do pdf podedes atopar dous modelos libres para que vos animades a crear os vosos propios percorridos para xogar cos rapaces/as. Como sempre, non fai falla imprimir o documento, xa que o podes visualizar na pantalla do ordenador ou na tableta. Porén, para os que tedes impresora, marcando con ceras o percorrido podedes facilitarlle a tarefa aos nenos/as que presenten máis dificultades. Recordade que os nenos teñen que poñerse ...

ATENCIÓN, LATERALIDADE E ORIENTACIÓN ESPACIAL

Boa tarde! Hoxe comparto convosco unha tarefa para traballar tres prerrequisitos moi importantes para a lectoescritura: a atención, a lateralidade e a orientación espacial. Ás veces, os profes decatámonos que moitos dos nosos alumnos/as presentan dificultades para orientarse no espazo, sobre todo cando comezan a escribir no caderno nos primeiros cursos de educación primaria. Saber onde teñen que empezar a escribir, cantos números teñen que escribir en cada cuadrícula, que separación deixar entre liñas... non é tarefa doada! Do mesmo xeito, distinguir a esquerda da dereita tamén é unha das dificultades máis habituais. Por iso, déixovos esta sinxela proposta para a que só precisaredes unha folla cuadriculada (dun caderno, por exemplo) e un lápis e unha goma que teñades na casa! A idea é que copiedes nesa folla cuadriculada as cenefas seguindo o patrón proposto abaixo. Recordade contar ben os cadrados! Se vos animades a facer esta actividade, podedes sacarlle unha foto e comparti...