Saltar ao contido principal

ARTICULACIÓN FONEMAS /R/ - /D/

Bo día familias!
Hoxe déixovos unha proposta destinada para todos aqueles rapaces e rapazas que acuden ás sesións de AL por dislalias, neste caso, por erros nas articulación dos fonemas /r/ e /d/. 
É habitual que ao comezo da aprendizaxe da lectoescritura haxa nenos que cometan erros escribindo palabras como cadamelo* en lugar de caramelo. A maior parte das veces, este erro é causado unha mala articulación na fala. Do mesmo xeito, aínda que menos frecuente, é o caso inverso nenos/as que din, por exemplo, /fireo/ en lugar de /fideo/ e o traducen na escrita da mesma maneira.  
O material que os achego consiste nun xogo tipo "memory". Para xogar, tedes que imprimir dúas copias de cada folla (ou se sodes uns artistas, facer os debuxos a man). Unha vez o teñades listo, dádelle a volta e mirade se transparenta o debuxo xa, que nese caso, podedes pegar a folla a unha cartolina. Despois,  recortade polas liñas de puntos e seleccionade varias parellas coas que queirades traballar. Colocádeas boca abaixo formando ringleiras e comezade a xogar. Podedes incorporar máis cantidade de parellas en función da capacidade de memorización do neno. Por quendas, tedes que levantar dúas tarxetas de cada vez e dicir o nome do debuxo identificando se esa palabra leva o son /r/ suave ou o son /d/.



Agora, temos que distinguir se o neno ten dificultades para pronunciar correctamente os dous sons ou se, pola contra, tamén comete erros na escrita xa que a intervención será diferente para cada caso.

SE OS ERROS SÓ SE PRODUCEN NA ARTICULACIÓN DA FALA (LINGUAXE ORAL)
Se o neno ten dificultades á hora de pronunciar correctamente estes fonemas, podedes apoiarvos nestas tarxetas que vedes abaixo para distinguilos ben. Na aula de AL asociamos o fonema /r/ suave co son da moto e o fonema /d/ co son da mosca. Ademais, debedes recordarlle aos nenos que para articular o son da moto (/r/ suave), temos que colocar a lingua dentro da boca, detrás dos incisivos superiores e facela vibrar e, para o son da mosca (/d/), temos que sacar a punta da lingua fóra entre os dentes.  Para traballar isto, podedes darlle unha a unha as tarxetas e as vaia clasificando en dous montóns diferenciando se teñen o son da moto /r/ suave ou o son da mosca /d/ ao mesmo tempo que as articula.


SE OS ERROS SE PRODUCEN ADEMÁIS NA ESCRITURA (LINGUAXE ESCRITA)
Se o neno/a ademais de pronunciar de forma incorrecta os dous sons, tamén traduce estes erros á escrita podedes propoñerlles que fagan autoditados, é dicir, que vaian collendo unha tarxeta de cada vez e que nun caderno ou folla escriban as palabras do debuxo. Despois con estas palabras pode crear oracións e escribilas, etc.  

Se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo. Xa sabedes que podedes escribirme no despregable da dereita en "Formulario de contacto" ou a través do meu correo electrónico:
desiree.martinez@edu.xunta.es

Un saúdo!
#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...