Saltar ao contido principal

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias!

Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde. Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras. 
A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo con palabras que se escriben con "b" e "v". A miña recomendación é que cada día presentedes seis palabras novas repasando ao mesmo tempo as aprendidas en días anteriores para que non se esquezan.


As tarefas que vos propoño para facer con estas imaxes son as seguintes:
  • Tratar de memorizar durante un tempo as seis tarxetas e despois intentar recordalas: podemos nomealas, describir oralmente o debuxo que as representan e explicar en que letra se localiza, escribilas ou deletrealas. Por exemplo, podemos dicir que a palabra vaca se escribe con v e que esa letra está representada coa cornamenta deste animal. 
  • Debuxar e colorear a representación gráfica destas palabras, axudándolle a recordar posteriormente a ortografía ao mesmo tempo que desenvolve a súa destreza artística. 
  • Colgalas na parede ou nun lugar visible para o neno/a. Podemos empregar unha parede baleira e crear un "Recuncho ortográfico".
  • Clasificar as tarxetas en dous montóns: nun montón palabras con "b" e no outro palabras con "v".
  • Imprimir dúas copias de cada ou elaboralas á man para facer un xogo tipo "memory". Deste xeito, colocaremos as seis parellas boca abaixo distribuídas en 4 columnas de 3 filas e iremos levantando de dúas en dúas. Se as tarxetas levantadas coinciden, o xogador quedará coas tarxetas e seguirá levantando outras dúas. En caso contrario, volverá a darlle a volta a esas tarxetas e as deixará no mesmo sito e pasará a quenda ao o seguinte xogador.
  • Escribir ao lado de cada palabra outras da mesma familia. Por exemplo palabras da familia de ave: avestruz, avícola... rodeando de cor vermella a letra "b" e de cor verde a letra "v". 
  • Crear e escribir oracións con cada unha das palabras fixándonos na súa ortografía.
  • Facer ditados con estas palabras e corrixilos.
  • Identificar normas ortográficas estudiadas mediante a observación das tarxetas. Por exemplo, despois de estudiar a norma ortográfica "Escríbense con v os adxectivos rematados -ava, -ave, -avo, -eva, -evo, -iva, -ive, -ivo" observar e identificar palabras que se rixen por esta norma como as que vedes abaixo. 

Dado que as tarxetas están protexidas por dereitos de autor, poñédevos en contacto comigo na barra despregable do lateral onde pon "Formulario de contacto" ou a través do correo electrónico para que vos poida remitir este material para o traballo dos vosos fillos/as.
Espero que vos sexan de axuda. Animádevos a mandarme fotos dos vosos deseños. Recordade que podedes facelo subindo a imaxe AQUÍ ou a través do email:
desiree.martinez@edu.xunta.es 

Un saúdo!
#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...