Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta percepción

LECTURA FONOLÓXICA

Ola familias! Hoxe déixovos outra proposta similar a publicada nesta ENTRADA para traballar a lectura fonolóxica mediante a conversión do grafema-fonema, é dicir, identificando as letras e transformándoas en sons, Esta tarefa está dirixida ao alumnado dos primeiros cursos de educación primaria e aqueles outros de cursos superiores con dificultades específicas de aprendizaxe de lectoescritura e/ou dislexia.   Trátase dunha ficha onde aparecen palabras e pesudopalabras (isto é, palabras que non existen pero que poden confundirse con palabras reais). O obxectivo é que lean con atención, letra a letra as palabras para colorear só as reais. Déixovos tamén a enquisa que publiquei anteriormente para que todas aquelas familias que aínda non a cubríchedes, poidades facelo.  O obxectivo da enquisa é coñecer que tipo de tarefas vos interesaría que publicase no blog para adaptar en función das vosas preferencias o tipo de actividades publicadas. De todo...

PARA TRABALLAR A ATENCIÓN

Ola familias! Hoxe déixovos unhas láminas moi chulas atopadas en Pínterest para traballar a percepción, a atención e o vocabulario expresivo. Este tipo de actividades resultan moi útiles para iniciar as sesións de traballo con todo o alumnado en xeral e, especialmente, con aqueles que presentan dificultades atencionais derivadas ou non de TDAH.  Nesta actividade tedes que atopar os elementos que busca cada personaxe agochados nesas montañas de obxectos (podedes imprimir as láminas ou facelo directamente sinalando na pantalla do ordenador ou na tableta). Para engadirlle máis emoción, podedes xogar cos cativos a modo de competición a ver quen atopa o maior número de elementos ou quen os localiza antes. Para traballar a rapidez na evocación de palabras, pedídelle ao neno/a que unha vez atopado un obxecto que diga en voz alta o nome do mesmo antes de pasar a buscar o seguinte.  Deixádeme un comentario e contádeme que tal vos foi :) Un saúdo! #ficamosnacasa