Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 5º EP

XOGO DE MESA: JUST ONE

Feliz venres, familias! Coma sempre, os venres déixovos unha proposta lúdica para traballar en familia ao longo da fin de semana. Nesta ocasión, trátase dun xogo de mesa adaptado e traducido ao galego similar ao xogo Just one. Este é un xogo de mesa cooperativo no que todos os participantes xogan para conseguir a mellor puntuación. Xuntos, os xogadores teñen que facer que un deles (o xogador activo) adiviñe unha palabra misteriosa, escribindo en segredo unha pista nun papeliño. Cada un elixe a súa posta sen poñerse de acordo co resto e sendo orixinal para non escribir a mesma palabra que outro xogador. De feito, todas as pistas iguais serán anuladas antes incluso de que o xogador activo poida velas. Ao final da partida, calcúlanse as puntuacións en función do número de palabras misteriosas atopadas.  Para poder xogar deberedes imprimir as tarxetas e recortalas polas liñas de puntos. Recoméndovos que lle peguedes un folio de cores para evitar que traspasen as palabras e inc...

MEMORIA AUDITIVA SECUENCIAL

Bo día, familias! Recordades a proposta "E ti, tes memoria de elefante" ? Nesa tarefa o alumnado debía repetir na mesma orde a secuencia de palabras que escoitaba. Pois ben, a proposta de hoxe é unha actividade semellante, onde o alumnado deberá repetir, neste caso, unha secuencia númérica, cada vez máis grande. Comezaremos por un único díxito ata dez. Esta actividade está dirixida á totalidade do alumnado, non obstante, debemos ter en conta que canto menor sexa o cativo/a menos cantidade de números será capaz de recordar e repetir. Por este motivo, cando o neno/a non sexa capaz de reproducir os números que escoita débese parar o audio xa que, de continuarmos, o único que conseguiríamos sería unha maior frustración. Do mesmo xeito, para a rapazada que sexa capaz de seguir a secuencia numérica, podedes seguir ampliándolla verbalizando máis díxitos. Estame avisando de que está dando erros o reproductor do audio, déixovos a ligazón para escoitar o audio por se acaso...

CONCIENCIA FONÉMICA : ENCRUCILLADO

Bo inicio de semana! Como recordaredes, o venres pasado conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, durante esta fin de semana ocorríuseme unha actividade para a proposta de hoxe: trátase dun encrucillado sobre palabras relacionadas cos 3 R: reducir, reutilizar, reciclar.  Trátase dunha actividade moi completa xa que estamos a traballar diferentes aspectos ao mesmo tempo: comprensión lectora, conciencia fonémica e vocabulario específico.  Como ten un léxico de nivel medio-alto, esta actividade está indicada para os cursos medios-altos de educación primaria pero que, coa axuda de adultos poden realizar todas as idades. Tedes os debuxos ao arredor do encrucillado para facilitarvos á tarefa. De todos os xeitos, déixovos tamén AQUÍ a solución en caso de dúbidas.  Xa por último, para un 10 de nota, anímovos a que indaguedes en Internet xa que algúns expertos/as están a falar xa dos 7R en lugar dos 3R para ser un bo consumidor comprometido co medio amb...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...

XOGO DE MESA: Time's up

Boa tarde a todxs! Hoxe xa é venres e, tendo en conta que onte foi o Día Internacional do Xogo, hoxe quero compartir convosco unha proposta dun xogo de mesa para que pasedes un bo rato en familia esta fin de semana. Trátase dunha adaptación e tradución do coñecido xogo "Time's up". Neste xogo de mesa debesdes adiviñar o maior número de palabras nun tempo determinado. Como se adiviñan? Pois dependendo da quenda na que vos atopedes teredes que facelo dunha ou doutra maneira. Imos por partes! PREPARACIÓN DO XOGO: Débense facer dous equipos de, cando menos, dúas persoas cada un. Se só xogan tres persoas, unha delas será a encargada de dar todas as pistas. Elíxese unha cor coa que xogaredes que se corresponderá co lado verde ou o laranxa da carta e, posteriormente, repártense 30 cartas entre todos as participantes. Se algunha das palabras non é do voso agrado, podedes cambiala por outra carta das 20 restantes. Unha vez que cada equipo elixiu as cartas coas que vai ...

CLASIFICACIÓN DE FORMAS VERBAIS

Bos e solleiros días :) Hoxe déixovos unha proposta para traballar a compoñente morfosintáctica da linguaxe. Trátase dunha actividade de clasificación de formas verbais en presente, pasado e futuro. Está especialmente destinada ao alumnado de cursos intermedios de educación primaria xa que na súa maioría son verbos irregulares. O obxectivo desta ficha é que lean as formas verbais fixándose ben nas súas desinencias e as clasifiquen no tempo que lle corresponda. En caso de dúbidas, recordádelle aos rapaces/as que digan unha oración con esa forma verbal para identificar o sentido de presente, pasado ou futuro. Ao rematar, pódeselles pedir tamén que escriban estas oracións fixándose ben de escribir os verbos correctamente. Déixovos tamén unha ferramenta moi útil para consultar a conxugación de verbos irregulares. Hai varias moi boas pero eu a que máis uso é o conxugador de verbos galegos da USC. https://gramatica.usc.es/pln/gl/tools/conjugador/conjugador.php?texto=escribir B...

ESCAPE ROOM: Ricardo Carvalho Calero

Feliz venres a todos!  Xa falta menos para o 17 de maio, día das Letras Galegas e, como todos os venres, hoxe quero deixarvos unha proposta de actividade lúdica. Trátase dun Escape Room ou xogo de escapismo elaborado polo compañeiro Abel Vale, do CEIP Xoaquin Loriga, centrado no persoeiro homenaxeado este ano, que como xa sabedes é Ricardo Carvalho Calero .  Finalizada a Guerra Civil en España (1939), Ricardo foi apresado por motivos políticos e, con este xogo de escapismo, vós tedes que axudalo a escapar desa condena inxusta. Para isto, tedes que resolver os enigmas formulados ata chegar a obter un código numérico para poder escapar da cadea. MOITA SORTE! Boa fin de semana :) #ficamosnacasa

-ENTÉNDESME? -ENTENDO!

Ola a todxs! Como comentei onte, xa estamos na semana das Letras Galegas e, aínda que por mor do COVID-19 a Real Academia Galega aplazou o mes pasado o acto presencial para o próximo 31 de outubro, nós seguiremos a rendirlle homenaxe dixital á figura de Ricardo Carvalho Calero ao longo destes días. Hoxe, déixovos unha actividade para aprender as similitudes da nosa lingua coa lingua portuguesa, xa que este ilustre persoeiro defendía que ámbalas dúas eran unha única lingua. Trátase dunha ficha interactiva na que hai que unir as palabras da esquerda (galego) coas da dereita (portugués); é dicir, non fai falta que a imprimades xa que premendo co rato xa estaría. Unha vez a teñades rematada, só tedes que darlle ao botón de "¡Terminado!" para saber o número de acertos obtidos. Moita sorte! -Enténdesme? -Entendo! , una ficha interactiva de desireemartinez live worksheets.com Espero que vos guste a proposta de hoxe e aprendades moito da nosa lingua irmá. Xa vos falara ne...

XOGO DE MESA PARA TRABALLAR LECTOESCRITURA

Boa tarde, familias! Como todos os venres, hoxe quero propoñervos unha tarefa lúdica para pasar a fin de semana en familia. Trátase dun xogo de mesa tipo Scrabble ou Apalabrados .  É un xogo que activa o léxico que coñecemos, permítenos realizar estratexias, ampliar novo vocabulario e combinar letras para conseguir o máximo número posible de puntos ao enlazar palabras. Ao mesmo tempo, os cativos/as con dificultades para asociar fonema (son) con grafía (letra) aprenden estas reglas de conversión fonema-grafema e recoñecen as sílabas e as súas combinacións. A miña proposta é que confeccionedes un xogo totalmente caseiro entre toda a familia, de forma colaborativa e pasedes un bo anaco xogando todos xuntos. Anticípovos que na miña casa xa probamos e é moi divertido! Como facelo? O xogo contén unhas fichas cadradas con letras e puntuacións. Déixovos no modelo de abaixo o número de fichas para cada letra e a puntuación de cada letra na versión castelá. Para a vers...

AÍ VEN O MAIO

Bo día, familias! Hai uns días comezamos o mes de maio, o mes das flores. Hoxe déixovos a poesía reivindicativa de Curros Enríquez nas fermosísimas voces de varios artistas para que gocedes deste marabilloso poema musicado publicado polo Consello da Cultura Galega. Para este material vouvos facer as seguintes propostas: Escoitádeo cos cinco sentidos e gozade del bailándoo ou mesmo cantándoo. Para isto, déixovos abaixo o poema escrito para que sigades a letra coa canción. A segunda proposta é de tipo lingüística, para repasar aspectos gramaticáis como as clases de palabra (verbo, sustantivo, adxectivo e artigo). Para isto, deberedes escoitar e anotar como mínimo catro palabras de cada clase. Para o alumnado que precise mais apoios, podedes fixarvos nas palabras destacadas do poema e clasificalas. Se ben o poema está destinado para alumnado de maior idade, estas catro clases de palabras trabállanse dende segundo de educación primaria, polo que a actividade podería...

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (OU BULLYING)

Bo comezo de semana! O pasado sábado día 2 de maio foi o Día internacional contra o acoso escolar ou bullying. Se estivéchedes atentos ás publicacións deste blog saberedes que me encanta aproveitar todas as conmemoracións para elaborar diferentes propostas didácticas. Esta vez, trátase dun conto que se chama "Todos con Vanesa. Un pequeño gesto puede cambiar el mundo." escrito por Kerascoët da editorial Beascoa. Trátase dun conto ilustrado, sen texto, que conta unicamente con imaxes unha historia basada en feitos reales que por desgracia é máis habitual do que quixésemos nos centros de ensino.  O conto está protagonizado por unha nena que despois de cambiarse de domicilio chega a un colexio novo onde as cousas non son como se esperaba. Un neno métese con ela e faina sentir mal. Por sorte, unha compañeira decátase do acontecido e decide non quedarse de brazos cruzados. Xuntas demostrarán que unha comunidade unida pode con calqueira inxustiza. Este é un libro fantástic...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

AUDIOCONTO: O ELEFANTE ENCADEADO

Boa tarde, familias! Xa chegou a fin de semana! E coma todos os venres, a proposta de hoxe é máis lúdica. Trátase dun audioconto. Se seguides con asiduidade as entradas publicadas polo  blog da nosa biblioteca seguro que víchedes onte un vídeo moi chulo coas as fotografías da rapazada e profesorado que nos animamos a participar no reto que nos propuxeron dende o Equipo de Biblioteca con motivo do día do libro. Para a miña fotografía escollín o conto infantil titulado "El elefante encadenado" do psicólogo arxentino Jorge Bucay. Por este motivo, hoxe quero lervos e contarvos esta fermosa historia para que comprendades por que me gusta tanto. Espero que vos guste a historia tanto coma a min e que vos sirva para falar cos vosos cativos sobre os medos e inseguirdades que aprendemos ao longo da nosa vida e da importancia de non rendirse nunca, porque desfacerse desa "estaca" na que estamos encadeados é moito máis fácil do que realmente cremos.  Unha apert...

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Ola a todos! Hoxe, 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro, celebración cuxo obxectivo principal é fomentar a lectura e o hábito lector. Durante estes días de confinamento, a música, o debuxo, o exericio físico e a lectura son a mellor forma de manter un equilibrio e saúde mental e física. En concreto, a lectura permítenos manter a cabeza ocupada e desconectar desta situación a través de fermosas poesías ou viaxando a outros mundos fantásticos sen movernos da casa.  Como non podía ser doutra forma, a proposta de hoxe está relacionada con esta conmemoración. En primeiro lugar, buscade tres libros que teñades pola casa, non importa que sexan libros para adultos, vale calquera tipo de libro. Estades preparados? Aí imos! RETO 1: TES MEMORIA DE ELEFANTE?  Lede un a un o título de cada libro, memorizádeo e, sen mirar, tratade de recordar todas as letras do título, se había algún "h", "b" ou "v", algunha tilde ou maiúscula......

INICIAMOS UNHA CONVERSA EN LSE

Ola, ola! Comeza a fin de semana e con ela, que mellor que aprender un pouquiño máis de lingua de signos (LSE)?  Como xa sabedes, os nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro coñecen e empregan nun montón de idiomas diferentes: lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa e, pouco a pouco, lingua de signos. Isto do plurilingüismo, ademais de contribuir cunha maior competencia neses idiomas, ten efectos positivos no noso cerebro e fomenta aspectos tan importantes como a conciencia e tolerancia lingüística e cultural, aspectos moi relevantes na educación para unha cidadanía diversa e democrática. Pois ben, hoxe déixovos este breve vídeo con vocabulario básico para iniciar unha conversa en lingua de signos: "Ola", "Que tal?", "Como te chamas?", etc. Anímovos a que o poñades e vaiades practicando canda min e, se vos atrevedes, podedes mandarme un vídeo signando algo ao meu correo electrónico: desiree.martinez@edu.xunta.es.  Recordade que tedes neste...

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O TEA

Xa é venres e aproveitando que onte 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA), aproveito para deixarvos este fermosa historia chamada "O meu irmanciño da lúa", unha curtametraxe de Fréderic Philibert sobre o día a día dun neno con Trastorno do Espectro Autista adaptada ao galego polo mestre de Audición e Linguaxe do CEIP Xaquin Loriga. Déixovos esta proposta de ficha para facer despois da visualización da curta para traballar a comprensión lectora, a técnica do resumo así como a educación en valores. Espero que sexa do voso interese. Finalmente, aproveito para visibilizar unha situación que están a vivir as persoas con TEA e máis as súas familias dende o estado de alarma polo COVID-19. Coa Instrucción do 19 de marzo publicada polo Ministerio de Sanidade, permitiuse que as persoas con TEA e outras discapacidades puideran tamén realizar paseos acompañados para que o confinamento non agravase a súa situación. Non...

ATENCIÓN E PERCEPCIÓN VISUAL II

Bo día a todos! Como vos comentei noutra entrada, a percepción visual é a base fundamental do procesamento cognitivo e do razoamento. É unha habilidade importante, indispensable para o éxito escolar e, en concreto para o adecuado desenvolvemento da lectura e da escritura. Por iso, hoxe vouvos propor outro xogo semellante ao que xa publicara pero nesta ocasión coas fermosas ilustracións de Dudolf .   A idea é que xoguedes en familia compartindo bos momentos sen que a rapazada sexa consciente de que están adestrando a súa capacidade de concentración.  Coma sempre, non hai necesidade de imprimir as láminas xa que podedes buscar os elementos escondidos dende a pantalla do ordenador ou da tableta. Espero que sexa do voso interese. Apertas virtuais! #ficamos na casa

LATERALIDADE E ORIENTACIÓN ESPACIAL II

Bo comezo de semana! A proposta para hoxe é outro xogo para contribuir á interiorización e maduración das nocións espaciais así como ao afianzamento da distribución e da posición no espazo do alumnado que presenta inmadurez á hora de interiorizar, desenvolver ou afianzar ditos conceptos. Déixovos dous modelos estruturados: un máis doado e outro máis complicado para que escollades o máis apropiado en función do neno/a. Do mesmo xeito, déixovos as solucións para que, no caso de haber erros, comprobedes onde se produxeron. Por último, nas páxinas 4 e 5 do pdf podedes atopar dous modelos libres para que vos animades a crear os vosos propios percorridos para xogar cos rapaces/as. Como sempre, non fai falla imprimir o documento, xa que o podes visualizar na pantalla do ordenador ou na tableta. Porén, para os que tedes impresora, marcando con ceras o percorrido podedes facilitarlle a tarefa aos nenos/as que presenten máis dificultades. Recordade que os nenos teñen que poñerse ...

LINGUA DE SIGNOS: ABECEDARIO DACTILOLÓXICO

Bo día a todxs! Ao longo deste curso o alumnado do cole foi aprendendo para algunhas conmemoracións do calendario escolar (Nadal e Día da Paz) diferentes cancións en lingua de signos: "Campana sobre campana", "Los peces en el río" e "Campás pola paz" . Como sabedes, a lingua de signos é a lingua oficial das persoas xordas, é dicir, aquelas persoas que por calquera circunstancia non poden oír.  As persoas xordas, igual que as persoas oíntes, son todas diferentes: algunhas teñen unha pérdida auditiva moderada, outras total, outras son xordas de nacemento, outras por algunha enfermidade perderon a audición despois de aprender a falar e así un sinfín de casuísticas diferentes. É por isto que algúns xordos/as se comunican oralmente, outros apóianse na lectura labial, outros empregan a lingua de signos... A proposta de hoxe consiste nun pequeno obradoiro de Lingua de Signos Española (LSE) para aprender o abecedario dactilolóxico, é dicir, o abecedario feito...

OBRADOIRO DE DEBUXO CON LEANDRO LAMAS

Ola a todxs! Xa é luns e comezamos unha nova semana cunha proposta moi interesante para todos aqueles pequenos artistas do cole (e para todos aqueles que, coma min, non son moi habilidosos debuxando pero teñen moitas ganas de aprender). Leandro Lamas, un coñecido pintor e ilustrador, realizará un segundo obradoiro de debuxo paso a paso hoxe luns ás 16:00h a través da súa páxina de Facebook , debido ao éxito do primeiro realizado o pasado luns 16 a través da mesma canle.  Estan iniciativa forma parte do movemento #euficonacasa iniciado por diferentes artistas e persoeiros co fin de ofrecer á cidadanía alternativas de ocio para o confinamento nos fogares durante estes momentos que estamos a vivir.  Aquí vos deixo os pasos a seguir para a elaboración do deseño do primeiro obradoiro e mais o resultado final dunha das persoas que seguiron a Leandro dende a súa casa. Se non queredes perdervos este segundo obradoiro, sede puntuais! Recordade que sempre podedes compartir as f...