Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sílabas trabadas

PALABRAS CON SÍLABAS TRABADAS

Bo día! A proposta de hoxe vai encamiñada a traballar as dificultades na lectoescritura de palabras con sílabas trabadas. Trátase dunha adaptación e tradución ao galego dunha ficha de Arasaac onde aparecen unha serie de debuxos e ao seu lado dúas palabras (unha correcta e outra incorrecta). Os cativos/as deberán identificar a palabra á que fai referencia o debuxo, ler as dúas opcións posibles e colorear o cadro onde está a opción correcta. Esta actividade está especialmente dirixida aos primeiros cursos de educación primaria xa que é onde máis se producen este tipo de erros. Do mesmo modo, é útil para o alumnado doutros cursos que presente dificultades específicas de aprendizaxe da lectoescritura ou dislexia. Espero que vos sexa de utilidade. Animádevos a deixar un comentario contándome que tal vos foi. Apertas virtuais :) #ficamosnacasa

SÍLABAS TRABADAS E MIXTAS

Ola, ola! Hai un par de entradas, deixeivos AQUÍ unha proposta para traballar a conciencia fonolóxica de sílabas directas. Hoxe, déixovos unha adaptación ao galego dunha actividade de Orientación Andujar para traballar o mesmo pero con sílabas máis complexas: as sílabas trabadas e mixtas. As sílabas trabadas son os anacos de palabra na que se atopan dúas consonantes seguidas e unha vogal (CCV). Por outro lado, as sílabas mixtas son as que se atopan dúas consonantes e unha vogal tamén pero coa diferencia de que a vogal vai no medio (CVC). Esta actividade está dirixida ao alumnado dos primeiros cursos de educación primaria así como para aqueles que teñen dificultades de aprendizaxe da lectoescritura xa que é común que se produzan sustitucións e inversións tanto na lectura de palabras como na súa escritura.  O obxectivo de esta tarefa é que o neno/a sinale a sílaba que lle falta a cada palabra. Unha vez feito isto, podedes pedirlle que escriba a palabra nun caderno pero tapándol...