Saltar ao contido principal

ARTICULACIÓN FONEMAS /S/ - /Z/

Bo día, familias!

Hoxe déixovos unha proposta destinada para todos aqueles rapaces e rapazas que acuden ás sesións de AL por dislalias, é dicir, por erros na articulación dos fonemas, en concreto para o /s/ e /z/. 
Trátase dun xogo semellante ao tradicional "Xogo da oca" pero con tres versións:

Taboleiro 1: "El juego del sapo"
Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/ e /z/. Destinado ao alumnado que aínda non ten adquirido o punto de articulación dun dos dous sons (é dicir, que non sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o fonema /s/ ou /z/). O obxectivo é que saiba discriminar fonolóxicamente palabras dicindo se a palabra ten o son da serpe /s/ ou da abella /z/.




Taboleiro 2: "El juego del sapo"
Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/. Destinado ao alumnado que ten adquirido o punto de articulación (é dicir, que sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o son /s/ pero que non o ten xeneralizado na súa linguaxe espontánea.




Taboleiro 3: "El juego del erizo"
Elaborado con debuxos que inclúen só palabras con /z/. Á inversa do taboleiro anterior, este está destinado ao alumnado que ten adquirido o punto de articulación do fonema /z/ pero que non o ten xeneralizado na súa linguaxe espontánea.




RECOMENDACIÓNS PARA O XOGO:
Tirade o dado, mirar o número e mover a ficha. O adulto debe dicir a palabra fronte o rapaz/a para que vexa os movementos da boca necesarios para articular a palabra. Deste xeito, para articular por exemplo o son /s/ recordarémoslle que ten que facer igual que a serpe, que ten que gardar a lingua dentro da boca e pechar os dentes (debuxo 1), fronte á articulación do /z/, ten que facer igual que a abella, sacando a lingua fóra (debuxo 2). Todos estes aspectos xa están traballados previamente na aula de AL, polo que só deberedes recordarllo en caso de erro.  Ademais, podemos pedirlle ao neno/a que nos diga unha oración coa palabra que lle tocou. É importante responder á resposta do neno/a premiándoo con palabras de ánimo cando a diga ben, e no caso contrario, repetindo de novo a palabra para que el a repita correctamente, sen rifarlle nin dicirlle que o dixo mal. Podedes dicirlle: “Como dixeches? Non te entendín ben. Mira, /cassssssssa/. Agora ti.”
Se neste caso volve a repetir a palabra mal, pasade a quenda ao seguinte xogador.

Os tres taboleiros están elaborados coas palabras en castelán posto que o alumnado que acode ás sesións de AL para traballar estas dislalias teñen como lingua materna o castelán. Non obstante, se algún de vós quere que llo adapte ao galego, deixádeme un comentario abaixo e subireino proximamente.

Se tedes calquera dúbida ou suxerencia, podedes poñervos en contacto na barra despregable da dereita en "Formulario de contacto" ou a través do meu correo electrónico desiree.martinez@edu.xunta.es

Apertas virtuais!
#ficamosnacasa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...