Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xogos

XOGO DE MESA: JUST ONE

Feliz venres, familias! Coma sempre, os venres déixovos unha proposta lúdica para traballar en familia ao longo da fin de semana. Nesta ocasión, trátase dun xogo de mesa adaptado e traducido ao galego similar ao xogo Just one. Este é un xogo de mesa cooperativo no que todos os participantes xogan para conseguir a mellor puntuación. Xuntos, os xogadores teñen que facer que un deles (o xogador activo) adiviñe unha palabra misteriosa, escribindo en segredo unha pista nun papeliño. Cada un elixe a súa posta sen poñerse de acordo co resto e sendo orixinal para non escribir a mesma palabra que outro xogador. De feito, todas as pistas iguais serán anuladas antes incluso de que o xogador activo poida velas. Ao final da partida, calcúlanse as puntuacións en función do número de palabras misteriosas atopadas.  Para poder xogar deberedes imprimir as tarxetas e recortalas polas liñas de puntos. Recoméndovos que lle peguedes un folio de cores para evitar que traspasen as palabras e inc...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...

XOGO DE MESA: Time's up

Boa tarde a todxs! Hoxe xa é venres e, tendo en conta que onte foi o Día Internacional do Xogo, hoxe quero compartir convosco unha proposta dun xogo de mesa para que pasedes un bo rato en familia esta fin de semana. Trátase dunha adaptación e tradución do coñecido xogo "Time's up". Neste xogo de mesa debesdes adiviñar o maior número de palabras nun tempo determinado. Como se adiviñan? Pois dependendo da quenda na que vos atopedes teredes que facelo dunha ou doutra maneira. Imos por partes! PREPARACIÓN DO XOGO: Débense facer dous equipos de, cando menos, dúas persoas cada un. Se só xogan tres persoas, unha delas será a encargada de dar todas as pistas. Elíxese unha cor coa que xogaredes que se corresponderá co lado verde ou o laranxa da carta e, posteriormente, repártense 30 cartas entre todos as participantes. Se algunha das palabras non é do voso agrado, podedes cambiala por outra carta das 20 restantes. Unha vez que cada equipo elixiu as cartas coas que vai ...

ESCAPE ROOM: Ricardo Carvalho Calero

Feliz venres a todos!  Xa falta menos para o 17 de maio, día das Letras Galegas e, como todos os venres, hoxe quero deixarvos unha proposta de actividade lúdica. Trátase dun Escape Room ou xogo de escapismo elaborado polo compañeiro Abel Vale, do CEIP Xoaquin Loriga, centrado no persoeiro homenaxeado este ano, que como xa sabedes é Ricardo Carvalho Calero .  Finalizada a Guerra Civil en España (1939), Ricardo foi apresado por motivos políticos e, con este xogo de escapismo, vós tedes que axudalo a escapar desa condena inxusta. Para isto, tedes que resolver os enigmas formulados ata chegar a obter un código numérico para poder escapar da cadea. MOITA SORTE! Boa fin de semana :) #ficamosnacasa

XOGO DE MESA PARA TRABALLAR LECTOESCRITURA

Boa tarde, familias! Como todos os venres, hoxe quero propoñervos unha tarefa lúdica para pasar a fin de semana en familia. Trátase dun xogo de mesa tipo Scrabble ou Apalabrados .  É un xogo que activa o léxico que coñecemos, permítenos realizar estratexias, ampliar novo vocabulario e combinar letras para conseguir o máximo número posible de puntos ao enlazar palabras. Ao mesmo tempo, os cativos/as con dificultades para asociar fonema (son) con grafía (letra) aprenden estas reglas de conversión fonema-grafema e recoñecen as sílabas e as súas combinacións. A miña proposta é que confeccionedes un xogo totalmente caseiro entre toda a familia, de forma colaborativa e pasedes un bo anaco xogando todos xuntos. Anticípovos que na miña casa xa probamos e é moi divertido! Como facelo? O xogo contén unhas fichas cadradas con letras e puntuacións. Déixovos no modelo de abaixo o número de fichas para cada letra e a puntuación de cada letra na versión castelá. Para a vers...

ARTICULACIÓN FONEMAS /S/ - /Z/

Bo día, familias! Hoxe déixovos unha proposta destinada para todos aqueles rapaces e rapazas que acuden ás sesións de AL por dislalias, é dicir, por erros na articulación dos fonemas, en concreto para o /s/ e /z/.  Trátase dun xogo semellante ao tradicional "Xogo da oca" pero con tres versións: Taboleiro 1: "El juego del sapo" Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/ e /z/. Destinado ao alumnado que aínda non ten adquirido o punto de articulación dun dos dous sons (é dicir, que non sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o fonema /s/ ou /z/). O obxectivo é que saiba discriminar fonolóxicamente palabras dicindo se a palabra ten o son da serpe /s/ ou da abella /z/. Taboleiro 2: "El juego del sapo" Elaborado con debuxos que inclúen palabras con /s/. Destinado ao alumnado que ten adquirido o punto de articulación (é dicir, que sabe colocar a lingua correctamente para pronunciar o son /s/ pero que non o ten xeneralizado ...