Saltar ao contido principal

XOGO DE MESA: Time's up

Boa tarde a todxs!

Hoxe xa é venres e, tendo en conta que onte foi o Día Internacional do Xogo, hoxe quero compartir convosco unha proposta dun xogo de mesa para que pasedes un bo rato en familia esta fin de semana. Trátase dunha adaptación e tradución do coñecido xogo "Time's up". Neste xogo de mesa debesdes adiviñar o maior número de palabras nun tempo determinado. Como se adiviñan? Pois dependendo da quenda na que vos atopedes teredes que facelo dunha ou doutra maneira. Imos por partes!

PREPARACIÓN DO XOGO:
Débense facer dous equipos de, cando menos, dúas persoas cada un. Se só xogan tres persoas, unha delas será a encargada de dar todas as pistas. Elíxese unha cor coa que xogaredes que se corresponderá co lado verde ou o laranxa da carta e, posteriormente, repártense 30 cartas entre todos as participantes. Se algunha das palabras non é do voso agrado, podedes cambiala por outra carta das 20 restantes. Unha vez que cada equipo elixiu as cartas coas que vai competir, mestúranse e póñense boca abaixo.

PRIMEIRA QUENDA: FALA CON LIBERDADE
Un xogador do equipo dispón de 30 segundos para coller cartas e facer a descrición que el considere para que os compoñentes do seu equipo a adiviñen. O equipo pode intentar adiviñar tantas veces como queira neses 30 segundos. Cando se adiviñe a palabra, o xogador poñeráa boca arriba na mesa e pasará á seguinte carta. Pasados 30 segundos, será o turno do seguinte equipo. Esta quenda remata cando se esgoten todas as cartas. Nese momento anótase cantas cartas ten cada equipo e pasamos á seguinte rolda.

SEGUNDA QUENDA: UNHA SOA PALABRA
Cóllense as mesmas 30 cartas da primeira quenda barállándose de novo. A única diferencia é que o xogador que da pistas para adiviñar a palabra da carta só poderá utilizar unha única palabra por carta. Esta quenda rematará cando se esgoten todas as cartas. 

TERCEIRA QUENDA: MÍMICA
Cóllense as mesmas 30 cartas das quendas anteriores e barállanse de novo. Esta rolda é igual ás  anteriores, salvo porque a persoa que da pista únicamente o pode facer a través da mímica e onomatopeias. 

E AGORA... QUEN GAÑOU?
A sumar! Hai que coller o resultado de cada unha das quendas de xogo e sumalas. Aquel equipo que teña o número máis alto é o gañador!




Espero que pasedes unha boa finde xogando e recordade...

#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...