Saltar ao contido principal

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (OU BULLYING)

Bo comezo de semana!

O pasado sábado día 2 de maio foi o Día internacional contra o acoso escolar ou bullying. Se estivéchedes atentos ás publicacións deste blog saberedes que me encanta aproveitar todas as conmemoracións para elaborar diferentes propostas didácticas. Esta vez, trátase dun conto que se chama "Todos con Vanesa. Un pequeño gesto puede cambiar el mundo." escrito por Kerascoët da editorial Beascoa.
Trátase dun conto ilustrado, sen texto, que conta unicamente con imaxes unha historia basada en feitos reales que por desgracia é máis habitual do que quixésemos nos centros de ensino. 
O conto está protagonizado por unha nena que despois de cambiarse de domicilio chega a un colexio novo onde as cousas non son como se esperaba. Un neno métese con ela e faina sentir mal. Por sorte, unha compañeira decátase do acontecido e decide non quedarse de brazos cruzados. Xuntas demostrarán que unha comunidade unida pode con calqueira inxustiza.
Este é un libro fantástico para educar en valores dende pequechos, tanto na casa coma na aula, traballando a empatía e o respeto pola diversidade ao mesmo tempo que lle transmitimos a mensaxe de que ante as inxustizas eles teñen moito que dicir.
A miña proposta é que lle deades todo o protagonismo ao voso fillo/a e que sexan eles quen conten a historia. Unicamente debedes reforzar a súa narativa con preguntas nalgúns puntos onde queirades profundizar para que poidan empatizar coas dúas protagonistas. A empatía é unha gran descoñecida para moitos cativos hoxe en día e é moi importante adicarlles tempo, falar moito con eles/as, que aprendan valores e que saiban que sempre poden contar con nós para afrontar calquera problema. Finalmente, se vos animades, podedes gravarvos en formato audio ou vídeo mentres os peques contan a historia e enviarmo ao meu correo electrónico (desiree.martinez@edu.xunta.es), devezo por vervos!



Os contos ilustrados sen texto son un recurso excelente para traballar a imaxinación e a creatividade dos pequenos. Os nenos/as deben esforzarse por observar e a partir de aí imaxinar que está a pasar. Por iso tamén requiren de concentración, atención e observación. Por outro lado, ao ser eles quen narran, potenciamos as súas habilidades lingüísticas, narrativas e orais mentres que reforzamos a súa autoestima xa que ao non haber unha única forma correcta de contar a historia non poden equivocarse. E vós, coñecedes ou tedes outros títulos de contos ilustrados sen texto?

#ficamosnacasa

E podemos saír de 12:00 a 19:00 :)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...