Saltar ao contido principal

XOGO DE MESA PARA TRABALLAR LECTOESCRITURA

Boa tarde, familias!

Como todos os venres, hoxe quero propoñervos unha tarefa lúdica para pasar a fin de semana en familia. Trátase dun xogo de mesa tipo Scrabble ou Apalabrados
É un xogo que activa o léxico que coñecemos, permítenos realizar estratexias, ampliar novo vocabulario e combinar letras para conseguir o máximo número posible de puntos ao enlazar palabras. Ao mesmo tempo, os cativos/as con dificultades para asociar fonema (son) con grafía (letra) aprenden estas reglas de conversión fonema-grafema e recoñecen as sílabas e as súas combinacións.
A miña proposta é que confeccionedes un xogo totalmente caseiro entre toda a familia, de forma colaborativa e pasedes un bo anaco xogando todos xuntos. Anticípovos que na miña casa xa probamos e é moi divertido!


Como facelo?
O xogo contén unhas fichas cadradas con letras e puntuacións. Déixovos no modelo de abaixo o número de fichas para cada letra e a puntuación de cada letra na versión castelá. Para a versión en galego, debedes eliminar as letras que non saen no alfabeto galego (j, k, w, y). Abaixo déixovos o modelo en branco para que tomedes como referencia. Debedes facer unha cuadrícula e despois debuxar e decorar as letras con rotuladores, pinturas, lápices... empregando a vosa creatividade. Despois, podedes plastificalas para alongar a súa vida útil.



Como se xoga?
Para dar comezo á partida, o primeiro xogador collerá sete fichas dunha bolsa/caixa onde estarán todas xuntas. Combinará dúas ou máis letras para formar unha palabra colocándoa enriba da mesa. Despois, pasará a quenda ao seguinte xogador que fará o mesmo engadindo letras á palabra que xa estaba formada creando palabras novas. Cada xogador obterá puntos por todas as novas palabras que forme na súa quenda. Está permitido dicir "paso" en calquera momento do xogo ou cambiar parte ou todas as fichas o xogador que queira na súa quenda. A partida finalizará cando ningún xogador poida colocar fichas no taboleiro ou ambos xogadores pasen dúas veces consecutivas. Finalmente, o xogador que gañará a partida é o que máis puntos conseguiu en total.

E agora... a xogar! 

Pasade unha boa fin de semana!

#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...