Feliz venres, familias!
Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.
Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal.
En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada anaco de lixo que creou. Ao redor de 2kg ao día que se foron acumulando formando unha especie de traxe que levou consigo a onde quixera que fose. Se queredes saber máis sobre o traballo de Rob podedes acceder AQUÍ.
Esta actividade prentende cambiar a mentalidade do "usar e tirar" e crear unha imaxe inolvidable como ferramenta para un cambio positivo nos hábitos do alumnado do centro. Non sabedes a cantidade de lixo coa que nos xuntamos no patio do cole despois dos recreos, tanto dentro dos colectores de lixo coma polo campo por pequenos despistes ou descuidos. Reciclar é importante, pero máis necesario aínda é reducir a cantidade de lixo que creamos se realmente queremos protexer o medioambiente e deixar un planeta habitable para as xeracións venideras. Cómpre pensar globalmente e actuar localmente. Está na man de todos!
Finalmente, como sabedes que os venres normalmente caen propostas lúdicas ou xogos para pasar a fin de semana en familia, desta volta déixovos embaixo un xogo "Reciclus" adaptación do coñecido xogo de cartas "Virus" creado por Ana de Creaduca. Premendo sobre a imaxe accederedes ao seu blog onde onde veredes a descrición do xogo e mais poderedes acceder ao material para a súa descarga gratuíta. A verdade é que é unha marabilla! Na miña casa gusta moito, espero que a vós tamén vos resulte entretido.
Boa fin de semana!
#ficamosnacasa
Comentarios
Publicar un comentario
Graciñas polo teu comentario :)