Saltar ao contido principal

CONCIENCIA FONÉMICA : ENCRUCILLADO

Bo inicio de semana!

Como recordaredes, o venres pasado conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, durante esta fin de semana ocorríuseme unha actividade para a proposta de hoxe: trátase dun encrucillado sobre palabras relacionadas cos 3 R: reducir, reutilizar, reciclar. 
Trátase dunha actividade moi completa xa que estamos a traballar diferentes aspectos ao mesmo tempo: comprensión lectora, conciencia fonémica e vocabulario específico. 
Como ten un léxico de nivel medio-alto, esta actividade está indicada para os cursos medios-altos de educación primaria pero que, coa axuda de adultos poden realizar todas as idades. Tedes os debuxos ao arredor do encrucillado para facilitarvos á tarefa. De todos os xeitos, déixovos tamén AQUÍ a solución en caso de dúbidas. 


Xa por último, para un 10 de nota, anímovos a que indaguedes en Internet xa que algúns expertos/as están a falar xa dos 7R en lugar dos 3R para ser un bo consumidor comprometido co medio ambiente. Seredes capaz de escribir nos comentarios esas 7 palabras que compezan por R?

Moito ánimo e...
#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

OS MESES

Bo inicio de semana! Que tal estades? Hoxe damos comezo a un novo mes, o mes de xuño. Xa estamos a mediados deste ano atípico... que rápido pasa o tempo! Pois ben, ocorríuseme unha actividade para repasar os meses do ano e mais a súa correspondencia numérica cando escribimos a data curta. Déixovos un exemplo: DATA LONGA: Luns, 1 de xuño de 2020 DATA CURTA: 1/ 6 /20 Unha das características dalgúns nenos e nenas que veñen ás miñas sesións de AL como aqueles que teñen Dislexia ou TDAH é a dificultade para recordar series memorísticas como os días da semana, os meses, as estacións do ano... Por iso, esta actividade vai especialmente adicada para todos eles, aínda que tamén está recomendada para todo o alumnado que precise repasar estes aspectos. Ademais, nesta actividade tamén traballamos a comprensión lectora, xa que non é o mesmo ler unha palabra que entender o significado da mesma, e isto é imprescindible para facer este exercicio.  Trátase, por tanto, dunha act...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...