Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

XOGO DE MESA: Time's up

Boa tarde a todxs! Hoxe xa é venres e, tendo en conta que onte foi o Día Internacional do Xogo, hoxe quero compartir convosco unha proposta dun xogo de mesa para que pasedes un bo rato en familia esta fin de semana. Trátase dunha adaptación e tradución do coñecido xogo "Time's up". Neste xogo de mesa debesdes adiviñar o maior número de palabras nun tempo determinado. Como se adiviñan? Pois dependendo da quenda na que vos atopedes teredes que facelo dunha ou doutra maneira. Imos por partes! PREPARACIÓN DO XOGO: Débense facer dous equipos de, cando menos, dúas persoas cada un. Se só xogan tres persoas, unha delas será a encargada de dar todas as pistas. Elíxese unha cor coa que xogaredes que se corresponderá co lado verde ou o laranxa da carta e, posteriormente, repártense 30 cartas entre todos as participantes. Se algunha das palabras non é do voso agrado, podedes cambiala por outra carta das 20 restantes. Unha vez que cada equipo elixiu as cartas coas que vai ...

CLASIFICACIÓN DE FORMAS VERBAIS

Bos e solleiros días :) Hoxe déixovos unha proposta para traballar a compoñente morfosintáctica da linguaxe. Trátase dunha actividade de clasificación de formas verbais en presente, pasado e futuro. Está especialmente destinada ao alumnado de cursos intermedios de educación primaria xa que na súa maioría son verbos irregulares. O obxectivo desta ficha é que lean as formas verbais fixándose ben nas súas desinencias e as clasifiquen no tempo que lle corresponda. En caso de dúbidas, recordádelle aos rapaces/as que digan unha oración con esa forma verbal para identificar o sentido de presente, pasado ou futuro. Ao rematar, pódeselles pedir tamén que escriban estas oracións fixándose ben de escribir os verbos correctamente. Déixovos tamén unha ferramenta moi útil para consultar a conxugación de verbos irregulares. Hai varias moi boas pero eu a que máis uso é o conxugador de verbos galegos da USC. https://gramatica.usc.es/pln/gl/tools/conjugador/conjugador.php?texto=escribir B...

PALABRAS CON SÍLABAS TRABADAS

Bo día! A proposta de hoxe vai encamiñada a traballar as dificultades na lectoescritura de palabras con sílabas trabadas. Trátase dunha adaptación e tradución ao galego dunha ficha de Arasaac onde aparecen unha serie de debuxos e ao seu lado dúas palabras (unha correcta e outra incorrecta). Os cativos/as deberán identificar a palabra á que fai referencia o debuxo, ler as dúas opcións posibles e colorear o cadro onde está a opción correcta. Esta actividade está especialmente dirixida aos primeiros cursos de educación primaria xa que é onde máis se producen este tipo de erros. Do mesmo modo, é útil para o alumnado doutros cursos que presente dificultades específicas de aprendizaxe da lectoescritura ou dislexia. Espero que vos sexa de utilidade. Animádevos a deixar un comentario contándome que tal vos foi. Apertas virtuais :) #ficamosnacasa

DISCRIMINACIÓN FONOLÓXICA /D/ - /R/

Bo día, familias! A proposta de hoxe vai encamiñada a traballar as dislalias, é dicir, os erros da fala a nivel articulatorio, e máis concretamente, aqueles que se producen por unha substitución da vibrante simple /r/ pola oclusiva dental /d/ ou viceversa.  Trátase dunha serie de fichas onde se deben rodear os debuxos que aparecen nelas de dúas cores diferentes en función de se levan o fonema /d/ (en vermello) ou o fonema /r/ (en verde). Tamén, inclúo unha táboa para clasificar estas palabras en dúas columnas traballando así a conversión fonema-grafema no caso de que estes erros a nivel oral se traduzan tamén na escrita. O obxectivo é que os nenos e nenas fixen a atención nos debuxos e vaian dicindo un a un os nomes que representan esas imaxes identificando así o son da mosca /d/ ou o son da moto /r/.  Déixovos a listaxe de vocabulario por se hai dúbidas en canto aos debuxos. Páx. 1: cara, loro, regadeira, dedo, xaneiro, dente, ouro, dado, puro, diñeiro,...

ATENCIÓN E PERCEPCIÓN VISUAL

Bo día! Hoxe entramos na fase 2  do plan de desescalada e xa podemos ir ás nosas fermosas praias tomar o sol e bañarnos. Por isto, hoxe déixovos esta proposta tan veraniega aproveitando o bo tempo que nos está a acompañar estes útlimos días. Trátase dunha actividade para traballar a atención e a percepción visual. Seredes capaces de atopar as 8 diferencias entre estas dúas imaxes? Como vos teño dito, non é necesario imprimir a imaxe xa que a podedes descargar e abrir no ordenador ou na tablet e cun programa tipo Paint e visualizar o debuxo e rodear as diferencias. Ánimo! Xa queda menos :) #ficamosnacasa

COMPRENSIÓN LECTORA

Ola familias! Seguimos coa temática da diversidade familiar e, desta volta, traballaremos a comprensión lectora. A proposta de hoxe trátase de 12 ilustracións de familias diversas e catro pequenos textos extraídos do conto infantil "Familias" de Oh! Mami Blue e traducidos ao galego. O obxectivo desta tarefa e que comprendan eses pequenos textos e identifiqnuen a ilustración á que se corresponde.  Trátase dunha actividade interactiva, polo que chegaría con premer sobre a imaxe que crean que é a verdadeira. Ao rematar a actividade dáselle ao botón "¡Terminado!" e móstranse os acertos. De todos os xeitos, se preferides imprimir as fichas e facelas a man, podedes descargalas coma sempre AQUÍ .  Comprensión lectora: FAMILIAS , una ficha interactiva de desireemartinez live worksheets.com Espero que lle saquedes moito proveito para poder dialogar sobre os diversos tipos de familia que existen na nosa sociedade actual e favorecer así a súa visibilizació...

CONCIENCIA LÉXICA

Bo día familias! Xa vos teño falado da importancia de posuír un bo nivel en coñecemento fonolóxico (conciencia de palabra, sílaba e fonema) para previr e atallar as dificultades na lectoescritura. Nesta ocasión, traballaremos a primeira de todas, a conciencia de palabra ou conciencia léxica. Esta destreza permite identificar e manipular de forma deliberada as palabras que compoñen as frases ou oracións. Pois ben, coa proposta de hoxe, seguiremos traballando o conto " Con Tango son tres " xa que con esta actividade escoitaredes oracións extraídas da lectura. O obxectivo desta tarefa será identificar o número de palabras coas que conta cada oración. Para iso, o alumnado deberá escoitar ben atento unha a unha as seis oracións e, coa axuda dos dedos, irán contando as palabras a medida que se vaian pronunciando. Saberedes identificar a oración máis longa? e a máis curta? Xa vos decataredes de que, ao tempo que traballamos esta habilidade metalingüística, con esta actividade ...

USO DE MAIÚSCULAS

Ola a todxs!  Aproveitando a fermosa lectura de onte titulada " Con Tango son tres " protagonizada por dous pingüíns macho que querían formar unha familia, a proposta de hoxe é unha tarefa para traballar o uso de maiúsculas nas oracións. Trátase de nove oracións extraídas deste conto que están mal escritas xa que presentan erros no uso destas maiúsculas. A rapazada deberá identificar estes erros e corrixilos, escribindo correctamente a oración embaixo nas pautas. Esta actividade está destinada especialmente para o alumnado de primero de primaria e para todos aqueles doutros cursos con dificultades de aprendizaxe da lectoescritura que presenten erros neste aspecto.  Animádevos a enviarme fotografías do traballo dos vosos cativos/as. Xa sabedes que podedes facelo a través do meu correo electrónico desiree.martinez@edu.xunta.es Estarei encantada de ver eses progresos :) Un saúdo! #ficamosnacasa

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Bo comezo de semana! O pasado venres 15 de maio, tiñamos unha data moi importante que conmemorar: o Día Internacional da Familia. Ao mesmo tempo, onte, domingo 17 de maio, celebrábase tamén en todo o mundo o Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia. Pois ben, segundo a Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso e mais o artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersecuais en Galicia , para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos deben realizar actividades específicas próximas ás datas de celebración internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.  A actividade de hoxe, por tanto, vai nesa liña. Trátase dun fermoso audioconto chamado " Con Tango son tres". Esta é a historia real de dous ...

ESCAPE ROOM: Ricardo Carvalho Calero

Feliz venres a todos!  Xa falta menos para o 17 de maio, día das Letras Galegas e, como todos os venres, hoxe quero deixarvos unha proposta de actividade lúdica. Trátase dun Escape Room ou xogo de escapismo elaborado polo compañeiro Abel Vale, do CEIP Xoaquin Loriga, centrado no persoeiro homenaxeado este ano, que como xa sabedes é Ricardo Carvalho Calero .  Finalizada a Guerra Civil en España (1939), Ricardo foi apresado por motivos políticos e, con este xogo de escapismo, vós tedes que axudalo a escapar desa condena inxusta. Para isto, tedes que resolver os enigmas formulados ata chegar a obter un código numérico para poder escapar da cadea. MOITA SORTE! Boa fin de semana :) #ficamosnacasa

COMPRENSIÓN LECTORA: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Bo día familias! Xa que onte traballamos o conto infantil " As pitas baixo a choiva " do homenaxeado das Letras Galegas deste ano,  Ricardo Carvalho Calero , hoxe tráiovos unha proposta para traballar a comprensión lectora destinada ao alumnado do primeiro curso de educación primaria. Trátase dunha ficha cun galo debuxado. Lebrades que onte no conto estábamos a falar dun galo? Pois será este galo o que teñan que colorear os cativos/as seguindo as instruccións localizadas na marxe esquerda da ficha. Deste xeito, deberán ler detidamente cada oración, comprendendo o que se di e colorear as partes do galo según está estipulado. Ademais, ao mesmo tempo, aprenderán vocabulario sobre as partes do corpo das aves e, en concreto, deste tipo. Déixovos, por último, a canción e a letra de As pitas baixo a choiva para que a escoitedes e a cantedes cos cativos. Que cantidade de palabras temos no léxico galego para facer referencia ao mesmo fenómeno atmosférico!  É unha pasad...

SECUENCIAS TEMPORAIS: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos unha das obras do homenaxeado das Letras Galegas deste ano Ricardo Carvalho Calero . Trátase do conto " As pitas baixo a choiva ", un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. O neno descobre, desde a fiestra da casa, que as pitas estanse a mollar e téntaas facer entrar no galiñeiro. Elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos. Déixovos un vídeo feito polos compañeiros do CEIP Vilaverde-Mourente cunha adaptación do texto completo. Non obstante, de quererdes ler o conto enteiro, podedes acceder AQUÍ. A miña proposta para este conto é unha ficha de secuencias temporais para que os nenos e nenas, tras escoitar o conto, sexan capaces de ordear cronolóxicamente as imaxes para volver a compoñer a historia de inicio a fin. Déixovos tamén AQUÍ as solucións por se fosen necesarias en caso de dúbida.  Animádevos a deixarme un comentario contándome que tal vos ...

-ENTÉNDESME? -ENTENDO!

Ola a todxs! Como comentei onte, xa estamos na semana das Letras Galegas e, aínda que por mor do COVID-19 a Real Academia Galega aplazou o mes pasado o acto presencial para o próximo 31 de outubro, nós seguiremos a rendirlle homenaxe dixital á figura de Ricardo Carvalho Calero ao longo destes días. Hoxe, déixovos unha actividade para aprender as similitudes da nosa lingua coa lingua portuguesa, xa que este ilustre persoeiro defendía que ámbalas dúas eran unha única lingua. Trátase dunha ficha interactiva na que hai que unir as palabras da esquerda (galego) coas da dereita (portugués); é dicir, non fai falta que a imprimades xa que premendo co rato xa estaría. Unha vez a teñades rematada, só tedes que darlle ao botón de "¡Terminado!" para saber o número de acertos obtidos. Moita sorte! -Enténdesme? -Entendo! , una ficha interactiva de desireemartinez live worksheets.com Espero que vos guste a proposta de hoxe e aprendades moito da nosa lingua irmá. Xa vos falara ne...

LEO, COMPRENDO E EXPRÉSOME: Ricardo Carvalho Calero

Bo comezo de semana! Este ano o 17 de maio, día das letras na nosa lingua, está adicado a  Ricardo Carvalho Calero.  Para coñecer un pouco máis deste relevante personaxe, a proposta de hoxe é un material semellante ao publicado nesta ENTRADA , basado no material "Leo, comprendo y me expreso" da editorial Lebón. Como vos comentara, este material está dirixido a rapaces e rapazas que presentan certas dificultades para seguir o aprendizaxe normal da linguaxe escrita nas súas dúas vertentes: lectura e escritura. C omeza cunha breve historia relacionada coa escena do debuxo e unha serie de exercicios de observar e contestar oralmente a preguntas, comprensión lectora, relacionar palabras por campo semántico, sopas de letras, completar texto con palabras, separación de palabras, localizar erros... Espero que vos sexa útil e aprendades moito sobre Ricardo! Se tedes calquera dúbida deixádeme un comentario ou poñédevos en contacto comigo a través da barra despregable da d...

XOGO DE MESA PARA TRABALLAR LECTOESCRITURA

Boa tarde, familias! Como todos os venres, hoxe quero propoñervos unha tarefa lúdica para pasar a fin de semana en familia. Trátase dun xogo de mesa tipo Scrabble ou Apalabrados .  É un xogo que activa o léxico que coñecemos, permítenos realizar estratexias, ampliar novo vocabulario e combinar letras para conseguir o máximo número posible de puntos ao enlazar palabras. Ao mesmo tempo, os cativos/as con dificultades para asociar fonema (son) con grafía (letra) aprenden estas reglas de conversión fonema-grafema e recoñecen as sílabas e as súas combinacións. A miña proposta é que confeccionedes un xogo totalmente caseiro entre toda a familia, de forma colaborativa e pasedes un bo anaco xogando todos xuntos. Anticípovos que na miña casa xa probamos e é moi divertido! Como facelo? O xogo contén unhas fichas cadradas con letras e puntuacións. Déixovos no modelo de abaixo o número de fichas para cada letra e a puntuación de cada letra na versión castelá. Para a vers...

MEMORIA SECUENCIAL AUDITIVA

Ola, ola! Xa estamos a xoves e hoxe vouvos deixar unha proposta para traballar a memoria secuencial auditiva. Sabedes de que estamos a falar? A memoria secuencial auditiva é a capacidade de almacenar e recordar a información que se presenta de forma oral de maneira secuencial. Trátase da capacidade e habilidade para recordar e repetir series de estímulos sonoros (palabras ou frases) de diferente lonxitude e na orde exacta. Traballar esta habilidade é fundamental para os nenos que teñen dificultade para seguir instruccións con máis de dúas ordes, para nenos que presentan dificultade para formar palabras polisílabas (p.e. nenos que din murciégalo* en lugar de murciélago*) ou nenos que teñen dificultade para almacenar e relacionar informacións escritas (p.e. nenos que tras ler tres ou catro oracións ou parágrafos dun texto, non recordan o que leron ao principio). Esta actividade consiste en escoitar o audio que atoparedes abaixo no que vou verbalizando secuencias de tres, catro e c...

LECTURA FONOLÓXICA

Ola familias! Hoxe déixovos outra proposta similar a publicada nesta ENTRADA para traballar a lectura fonolóxica mediante a conversión do grafema-fonema, é dicir, identificando as letras e transformándoas en sons, Esta tarefa está dirixida ao alumnado dos primeiros cursos de educación primaria e aqueles outros de cursos superiores con dificultades específicas de aprendizaxe de lectoescritura e/ou dislexia.   Trátase dunha ficha onde aparecen palabras e pesudopalabras (isto é, palabras que non existen pero que poden confundirse con palabras reais). O obxectivo é que lean con atención, letra a letra as palabras para colorear só as reais. Déixovos tamén a enquisa que publiquei anteriormente para que todas aquelas familias que aínda non a cubríchedes, poidades facelo.  O obxectivo da enquisa é coñecer que tipo de tarefas vos interesaría que publicase no blog para adaptar en función das vosas preferencias o tipo de actividades publicadas. De todo...

AÍ VEN O MAIO

Bo día, familias! Hai uns días comezamos o mes de maio, o mes das flores. Hoxe déixovos a poesía reivindicativa de Curros Enríquez nas fermosísimas voces de varios artistas para que gocedes deste marabilloso poema musicado publicado polo Consello da Cultura Galega. Para este material vouvos facer as seguintes propostas: Escoitádeo cos cinco sentidos e gozade del bailándoo ou mesmo cantándoo. Para isto, déixovos abaixo o poema escrito para que sigades a letra coa canción. A segunda proposta é de tipo lingüística, para repasar aspectos gramaticáis como as clases de palabra (verbo, sustantivo, adxectivo e artigo). Para isto, deberedes escoitar e anotar como mínimo catro palabras de cada clase. Para o alumnado que precise mais apoios, podedes fixarvos nas palabras destacadas do poema e clasificalas. Se ben o poema está destinado para alumnado de maior idade, estas catro clases de palabras trabállanse dende segundo de educación primaria, polo que a actividade podería...

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (OU BULLYING)

Bo comezo de semana! O pasado sábado día 2 de maio foi o Día internacional contra o acoso escolar ou bullying. Se estivéchedes atentos ás publicacións deste blog saberedes que me encanta aproveitar todas as conmemoracións para elaborar diferentes propostas didácticas. Esta vez, trátase dun conto que se chama "Todos con Vanesa. Un pequeño gesto puede cambiar el mundo." escrito por Kerascoët da editorial Beascoa. Trátase dun conto ilustrado, sen texto, que conta unicamente con imaxes unha historia basada en feitos reales que por desgracia é máis habitual do que quixésemos nos centros de ensino.  O conto está protagonizado por unha nena que despois de cambiarse de domicilio chega a un colexio novo onde as cousas non son como se esperaba. Un neno métese con ela e faina sentir mal. Por sorte, unha compañeira decátase do acontecido e decide non quedarse de brazos cruzados. Xuntas demostrarán que unha comunidade unida pode con calqueira inxustiza. Este é un libro fantástic...