Saltar ao contido principal

USO DE MAIÚSCULAS

Ola a todxs! 
Aproveitando a fermosa lectura de onte titulada "Con Tango son tres" protagonizada por dous pingüíns macho que querían formar unha familia, a proposta de hoxe é unha tarefa para traballar o uso de maiúsculas nas oracións. Trátase de nove oracións extraídas deste conto que están mal escritas xa que presentan erros no uso destas maiúsculas. A rapazada deberá identificar estes erros e corrixilos, escribindo correctamente a oración embaixo nas pautas. Esta actividade está destinada especialmente para o alumnado de primero de primaria e para todos aqueles doutros cursos con dificultades de aprendizaxe da lectoescritura que presenten erros neste aspecto. 





Animádevos a enviarme fotografías do traballo dos vosos cativos/as. Xa sabedes que podedes facelo a través do meu correo electrónico desiree.martinez@edu.xunta.es
Estarei encantada de ver eses progresos :)

Un saúdo!
#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

OS MESES

Bo inicio de semana! Que tal estades? Hoxe damos comezo a un novo mes, o mes de xuño. Xa estamos a mediados deste ano atípico... que rápido pasa o tempo! Pois ben, ocorríuseme unha actividade para repasar os meses do ano e mais a súa correspondencia numérica cando escribimos a data curta. Déixovos un exemplo: DATA LONGA: Luns, 1 de xuño de 2020 DATA CURTA: 1/ 6 /20 Unha das características dalgúns nenos e nenas que veñen ás miñas sesións de AL como aqueles que teñen Dislexia ou TDAH é a dificultade para recordar series memorísticas como os días da semana, os meses, as estacións do ano... Por iso, esta actividade vai especialmente adicada para todos eles, aínda que tamén está recomendada para todo o alumnado que precise repasar estes aspectos. Ademais, nesta actividade tamén traballamos a comprensión lectora, xa que non é o mesmo ler unha palabra que entender o significado da mesma, e isto é imprescindible para facer este exercicio.  Trátase, por tanto, dunha act...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

MEMORIA AUDITIVA SECUENCIAL

Bo día, familias! Recordades a proposta "E ti, tes memoria de elefante" ? Nesa tarefa o alumnado debía repetir na mesma orde a secuencia de palabras que escoitaba. Pois ben, a proposta de hoxe é unha actividade semellante, onde o alumnado deberá repetir, neste caso, unha secuencia númérica, cada vez máis grande. Comezaremos por un único díxito ata dez. Esta actividade está dirixida á totalidade do alumnado, non obstante, debemos ter en conta que canto menor sexa o cativo/a menos cantidade de números será capaz de recordar e repetir. Por este motivo, cando o neno/a non sexa capaz de reproducir os números que escoita débese parar o audio xa que, de continuarmos, o único que conseguiríamos sería unha maior frustración. Do mesmo xeito, para a rapazada que sexa capaz de seguir a secuencia numérica, podedes seguir ampliándolla verbalizando máis díxitos. Estame avisando de que está dando erros o reproductor do audio, déixovos a ligazón para escoitar o audio por se acaso...