Saltar ao contido principal

CONCIENCIA LÉXICA

Bo día familias!

Xa vos teño falado da importancia de posuír un bo nivel en coñecemento fonolóxico (conciencia de palabra, sílaba e fonema) para previr e atallar as dificultades na lectoescritura. Nesta ocasión, traballaremos a primeira de todas, a conciencia de palabra ou conciencia léxica. Esta destreza permite identificar e manipular de forma deliberada as palabras que compoñen as frases ou oracións. Pois ben, coa proposta de hoxe, seguiremos traballando o conto "Con Tango son tres" xa que con esta actividade escoitaredes oracións extraídas da lectura. O obxectivo desta tarefa será identificar o número de palabras coas que conta cada oración. Para iso, o alumnado deberá escoitar ben atento unha a unha as seis oracións e, coa axuda dos dedos, irán contando as palabras a medida que se vaian pronunciando. Saberedes identificar a oración máis longa? e a máis curta?
Xa vos decataredes de que, ao tempo que traballamos esta habilidade metalingüística, con esta actividade tamén traballaremos a memoria auditiva xa que para reproducir oralmente as oracións precisamos dunha boa memorian auditiva secuencial. Desta maneira, podedes adaptar este exercicio ás características vos vosos/as cativos/as, de xeito que de resultarlles moi longas as últimas oracións podedes ser vós quen lle digades oralmente outras oracións máis curtas. Do mesmo modo, se este exercicio lle resulta moi sinxelo, podedes dicirlles oracións con maior número de elementos.




Animádevos a deixarme un comentario abaixo contándome que tal vos foi.
Un saúdo!

#ficamosnacasa

Comentarios

  1. Hola soy Enzo otra vez, le cogí el truco en la tercera oración porqué estaba separando en silabas las dos primeras veces 🙂👍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xenial, Enzo! Ao principio é normal confundirse pero seguro que xa o tes dominado :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Graciñas polo teu comentario :)

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

OS MESES

Bo inicio de semana! Que tal estades? Hoxe damos comezo a un novo mes, o mes de xuño. Xa estamos a mediados deste ano atípico... que rápido pasa o tempo! Pois ben, ocorríuseme unha actividade para repasar os meses do ano e mais a súa correspondencia numérica cando escribimos a data curta. Déixovos un exemplo: DATA LONGA: Luns, 1 de xuño de 2020 DATA CURTA: 1/ 6 /20 Unha das características dalgúns nenos e nenas que veñen ás miñas sesións de AL como aqueles que teñen Dislexia ou TDAH é a dificultade para recordar series memorísticas como os días da semana, os meses, as estacións do ano... Por iso, esta actividade vai especialmente adicada para todos eles, aínda que tamén está recomendada para todo o alumnado que precise repasar estes aspectos. Ademais, nesta actividade tamén traballamos a comprensión lectora, xa que non é o mesmo ler unha palabra que entender o significado da mesma, e isto é imprescindible para facer este exercicio.  Trátase, por tanto, dunha act...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...