Saltar ao contido principal

MEMORIA SECUENCIAL AUDITIVA

Ola, ola!

Xa estamos a xoves e hoxe vouvos deixar unha proposta para traballar a memoria secuencial auditiva. Sabedes de que estamos a falar? A memoria secuencial auditiva é a capacidade de almacenar e recordar a información que se presenta de forma oral de maneira secuencial. Trátase da capacidade e habilidade para recordar e repetir series de estímulos sonoros (palabras ou frases) de diferente lonxitude e na orde exacta.
Traballar esta habilidade é fundamental para os nenos que teñen dificultade para seguir instruccións con máis de dúas ordes, para nenos que presentan dificultade para formar palabras polisílabas (p.e. nenos que din murciégalo* en lugar de murciélago*) ou nenos que teñen dificultade para almacenar e relacionar informacións escritas (p.e. nenos que tras ler tres ou catro oracións ou parágrafos dun texto, non recordan o que leron ao principio).
Esta actividade consiste en escoitar o audio que atoparedes abaixo no que vou verbalizando secuencias de tres, catro e cinco palabras. A rapazada, deberá repetir a serie de palabras na mesma orde nos espazos estipulados (os silencios entre cada secuencia). Esta actividade está dirixida a todo o alumnado, non obstante, para os rapaces/as de maior idade, recoméndovos que continuedes ampliando o número de palabras a memorizar.




Animádevos a deixarme un comentario contándome que tal vos foi.
Apertas virtuais!

#ficamosnacasa
E podemos saír de 12:00 a 19:00 :)

Comentarios

  1. Hola, soy Enzo de 1.B, me gustó mucho el vídeo , solo me equivoqué en 2 frases.👍👍🤪🤪😅👏👏👏

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo traballo, Enzo! Xa podes dicir que tes memoria de elefante. Parabéns!!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Graciñas polo teu comentario :)

Publicacións populares deste blog

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...