Bo día familias!
Xa que onte traballamos o conto infantil "As pitas baixo a choiva" do homenaxeado das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carvalho Calero, hoxe tráiovos unha proposta para traballar a comprensión lectora destinada ao alumnado do primeiro curso de educación primaria. Trátase dunha ficha cun galo debuxado. Lebrades que onte no conto estábamos a falar dun galo? Pois será este galo o que teñan que colorear os cativos/as seguindo as instruccións localizadas na marxe esquerda da ficha. Deste xeito, deberán ler detidamente cada oración, comprendendo o que se di e colorear as partes do galo según está estipulado. Ademais, ao mesmo tempo, aprenderán vocabulario sobre as partes do corpo das aves e, en concreto, deste tipo.
Déixovos, por último, a canción e a letra de As pitas baixo a choiva para que a escoitedes e a cantedes cos cativos. Que cantidade de palabras temos no léxico galego para facer referencia ao mesmo fenómeno atmosférico! É unha pasada! Rétovos a que sexades capaces de identificar na canción e escribir varias palabras sinónimas, é dicir, palabras diferentes que signifiquen o mesmo. Comezo eu: chaparrón e chuvascada. Seguide vós, animádevos :)

Un saúdo!
#ficamosnacasa
Comentarios
Publicar un comentario
Graciñas polo teu comentario :)