Saltar ao contido principal

COMPRENSIÓN LECTORA

Ola familias!

Seguimos coa temática da diversidade familiar e, desta volta, traballaremos a comprensión lectora. A proposta de hoxe trátase de 12 ilustracións de familias diversas e catro pequenos textos extraídos do conto infantil "Familias" de Oh! Mami Blue e traducidos ao galego. O obxectivo desta tarefa e que comprendan eses pequenos textos e identifiqnuen a ilustración á que se corresponde. 
Trátase dunha actividade interactiva, polo que chegaría con premer sobre a imaxe que crean que é a verdadeira. Ao rematar a actividade dáselle ao botón "¡Terminado!" e móstranse os acertos. De todos os xeitos, se preferides imprimir as fichas e facelas a man, podedes descargalas coma sempre AQUÍ




Espero que lle saquedes moito proveito para poder dialogar sobre os diversos tipos de familia que existen na nosa sociedade actual e favorecer así a súa visibilización e normalización. 
Xa sabedes que ante calqueira dúbida ou proposta podedes poñervos en contacto comigo na barra despregable da dereita onde pon "Formulario de contacto" ou a través do meu correo electrónico: desiree.martinez@edu.xunta.es

Un saúdo!
#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

OS MESES

Bo inicio de semana! Que tal estades? Hoxe damos comezo a un novo mes, o mes de xuño. Xa estamos a mediados deste ano atípico... que rápido pasa o tempo! Pois ben, ocorríuseme unha actividade para repasar os meses do ano e mais a súa correspondencia numérica cando escribimos a data curta. Déixovos un exemplo: DATA LONGA: Luns, 1 de xuño de 2020 DATA CURTA: 1/ 6 /20 Unha das características dalgúns nenos e nenas que veñen ás miñas sesións de AL como aqueles que teñen Dislexia ou TDAH é a dificultade para recordar series memorísticas como os días da semana, os meses, as estacións do ano... Por iso, esta actividade vai especialmente adicada para todos eles, aínda que tamén está recomendada para todo o alumnado que precise repasar estes aspectos. Ademais, nesta actividade tamén traballamos a comprensión lectora, xa que non é o mesmo ler unha palabra que entender o significado da mesma, e isto é imprescindible para facer este exercicio.  Trátase, por tanto, dunha act...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...