Bo día a todxs! Ás veces, o alumnado que está iniciando a lectoescritura comete erros de unións e fragmentacións de palabras. Estes erros adoitan desaparecer axiña según van profundizando na lectoescritura. Non obstante, aqueles alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe precisan un maior adestramento para corrixir estas dificultades. Estes erros adoitan producirse porque o neno/a non chegou a comprender o concepto de palabra, polo que é preciso traballar este concepto tanto de xeito oral como escrito (conciencia léxica). Xa que outro día vos presentei o audioconto do Monstro de Cores, hoxe déixovos esta proposta metodolóxica para traballar o concepto de palabra (conciencia léxica) baseada neste material. Trátase dunha selección de oracións extraídas do conto no que todas as súas palabras están unidas. Débese ler inicialmente toda a liña e acto seguido verbalizar as palabras unha a unha mentres as contamos cos dedos. Posteriormente, cómpre separar as palabr...