Saltar ao contido principal

E AGORA QUE? A IMPORTANCIA DAS RUTINAS

Son consciente que todas as familias son diferentes e viven diferentes realidades. Ademais, sen dúbida algunha, esta situación que estamos a vivir engade complexidade as nosas vidas diarias: as tarefas domésticas, exercer de pai/nai, o teletraballo (para os máis afortunados), as preocupacións pola situación actual...e agora tamén exercer de "mestres/as" das vosas crianzas. Lonxe de presionar ou esixirvos nada, quero transmitirvos tranquilidade xa que agora mesmo as prioridades están claras: minimizar o risco a contaxios, permanecer na casa e levar a situación o mellor posible. 
Con todo, é importante, polo ben da rapazada, seguir traballando na casa e reforzar contidos aprendidos. É por isto que a recomendación que vos fago é establecer rutinas para os nenos/as mediante a creación dun horario e intentar seguilo de luns a venres. Ademais dos deberes ou das diferentes actividades propostas polos titores/as, é un bo momento para incorporar todas aquelas tarefas que polo axetreo diario non podemos adicarlle tanto tempo ou aquelas outras que erroneamente consideramos menos importantes pero que nestes momentos, máis que nunca, nos axudan a manter un equilibrio e saúde mental e física nestos tempos de reclusión. 
Nese horario sería recomendable que incorporásedes en maior ou menor medida os seguintes puntos:
  • Tarefas domésticas: fomentar a participación dos nenos en tarefas como facer a cama, cociñar, recoller a mesa, ordear o cuarto, asearse só...
  • Tarefas académicas: estudo ou realización das diferentes actividades propostas polos titores.
  • Tarefas creativas: manualidades, debuxos, escoitar música, construccións...
  • Exercicio físico: estiramentos, xincanas caseiras, exercicios para mover diferentes grupos musculares, yoga, baile... (podedes poñer un vídeo dun profesional especializado en Youtube ou noutras plataformas virtuais e seguir con coidado as instruccións).
  • Ocio en familia: xogos de mesa, trucos de maxia, videoxogos...
  • Lectura individual e compartida (tedes acceso a literatura infantil e xuvenil de forma  totalmente gratuíta a través da plataforma de empréstito de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas)
  • Xogo libre: calquera tipo de xogo que escolla o neno/a (ollo cos dispositivos electrónicos).
  • Audiovisuais: visionado de películas, debuxos animados, documentais...
  • Manter contacto social: falar por teléfono con seres queridos, amigos e familiares, facer videochamadas a través das redes sociais e da tecnoloxía (sempre baixo supervisión dun adulto).

Déixovos este exemplo de horario para que tomedes como referencia e adaptedes como mellor podades á vosa realidade concreta (pero porfi, dádelle moita importancia á lectura). Pola miña parte, a través deste blog irei propoñéndovos diferentes actividades xeráis máis lúdicas que podedes adaptar en función da idade dos vosos fillos e aproveitar para facer conxuntamente mellorando así a convivencia familiar nestes delicados momentos. Por último, informarvos que se pinchades na barra desplegable que hai na esquina superior dereita sairavos un formulario de contacto onde podedes facerme calquera aclaración ou consulta de xeito privado. 

Moito ánimo, recordade que non estades sós!
Grazas pola vosa inestimable colaboración. 

#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...