Saltar ao contido principal

PARA TRABALLAR A ATENCIÓN

Ola familias! Hoxe déixovos unhas láminas moi chulas atopadas en Pínterest para traballar a percepción, a atención e o vocabulario expresivo. Este tipo de actividades resultan moi útiles para iniciar as sesións de traballo con todo o alumnado en xeral e, especialmente, con aqueles que presentan dificultades atencionais derivadas ou non de TDAH. 
Nesta actividade tedes que atopar os elementos que busca cada personaxe agochados nesas montañas de obxectos (podedes imprimir as láminas ou facelo directamente sinalando na pantalla do ordenador ou na tableta). Para engadirlle máis emoción, podedes xogar cos cativos a modo de competición a ver quen atopa o maior número de elementos ou quen os localiza antes. Para traballar a rapidez na evocación de palabras, pedídelle ao neno/a que unha vez atopado un obxecto que diga en voz alta o nome do mesmo antes de pasar a buscar o seguinte. 
Deixádeme un comentario e contádeme que tal vos foi :)

Un saúdo!

#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

MEMORIA AUDITIVA SECUENCIAL

Bo día, familias! Recordades a proposta "E ti, tes memoria de elefante" ? Nesa tarefa o alumnado debía repetir na mesma orde a secuencia de palabras que escoitaba. Pois ben, a proposta de hoxe é unha actividade semellante, onde o alumnado deberá repetir, neste caso, unha secuencia númérica, cada vez máis grande. Comezaremos por un único díxito ata dez. Esta actividade está dirixida á totalidade do alumnado, non obstante, debemos ter en conta que canto menor sexa o cativo/a menos cantidade de números será capaz de recordar e repetir. Por este motivo, cando o neno/a non sexa capaz de reproducir os números que escoita débese parar o audio xa que, de continuarmos, o único que conseguiríamos sería unha maior frustración. Do mesmo xeito, para a rapazada que sexa capaz de seguir a secuencia numérica, podedes seguir ampliándolla verbalizando máis díxitos. Estame avisando de que está dando erros o reproductor do audio, déixovos a ligazón para escoitar o audio por se acaso...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...