Saltar ao contido principal

ATENCIÓN, LATERALIDADE E ORIENTACIÓN ESPACIAL

Boa tarde! Hoxe comparto convosco unha tarefa para traballar tres prerrequisitos moi importantes para a lectoescritura: a atención, a lateralidade e a orientación espacial.
Ás veces, os profes decatámonos que moitos dos nosos alumnos/as presentan dificultades para orientarse no espazo, sobre todo cando comezan a escribir no caderno nos primeiros cursos de educación primaria. Saber onde teñen que empezar a escribir, cantos números teñen que escribir en cada cuadrícula, que separación deixar entre liñas... non é tarefa doada! Do mesmo xeito, distinguir a esquerda da dereita tamén é unha das dificultades máis habituais. Por iso, déixovos esta sinxela proposta para a que só precisaredes unha folla cuadriculada (dun caderno, por exemplo) e un lápis e unha goma que teñades na casa! A idea é que copiedes nesa folla cuadriculada as cenefas seguindo o patrón proposto abaixo. Recordade contar ben os cadrados!



Se vos animades a facer esta actividade, podedes sacarlle unha foto e compartila AQUÍ. 
Non tedes que facer todos os modelos, podedes escoller o que máis vos guste. 
Estarei encantada de poder ver os vosos traballiños.

Unha aperta virtual!

#ficamosnacasa 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

OS MESES

Bo inicio de semana! Que tal estades? Hoxe damos comezo a un novo mes, o mes de xuño. Xa estamos a mediados deste ano atípico... que rápido pasa o tempo! Pois ben, ocorríuseme unha actividade para repasar os meses do ano e mais a súa correspondencia numérica cando escribimos a data curta. Déixovos un exemplo: DATA LONGA: Luns, 1 de xuño de 2020 DATA CURTA: 1/ 6 /20 Unha das características dalgúns nenos e nenas que veñen ás miñas sesións de AL como aqueles que teñen Dislexia ou TDAH é a dificultade para recordar series memorísticas como os días da semana, os meses, as estacións do ano... Por iso, esta actividade vai especialmente adicada para todos eles, aínda que tamén está recomendada para todo o alumnado que precise repasar estes aspectos. Ademais, nesta actividade tamén traballamos a comprensión lectora, xa que non é o mesmo ler unha palabra que entender o significado da mesma, e isto é imprescindible para facer este exercicio.  Trátase, por tanto, dunha act...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...