Saltar ao contido principal

AUDIOCONTO: O MONSTRO DE CORES

Bo día, familias!

Como xa vos falei na entrada sobre a importancia das rutinas , é moi importante que no voso día a día lle adiquedes un tempo á lectura en contextos lúdicos para fomentar o hábito lector dos vosos fillos/as. Por outro lado, tendo en conta a situación que estamos atravesando resulta imprescindible axudarlles a verbalizar as súas emocións sen recrearse nin engadir máis dramatismo pero tampouco restándolle importancia ao que sinten. 
Por todo isto, a proposta que vos fago hoxe é un audioconto que seguro que moitos de vós coñecedes: "O Monstro de Cores". Como é moi probable que a maioría das familias non dispoñan do conto na casa, coa colaboración do mestre de Audición e Linguaxe do CEIP Xoaquín Loriga, puxémoslle voz e música para facer unha montaxe e que todas o teñades ao voso alcance.


Do mesmo xeito, propóñovos unha actividade para despois da lectura na que ademais de traballar lectoescritura, a rapazada deberá reflexionar e pensar dúas situacións nas que sentiran as emocións traballadas no conto: alegría, tristura, ira, medo e calma. Tamén, podedes preguntarlle por que creen que sinten esas emocións. Por exemplo, nunha situación na que sinten medo, como pode ser a situación actual por mor do COVID-19, podedes verbalizar que cando temos medo estamos máis tensos, temos un aumento de sudoración, alteración na respiración... Para eles decatarse destas cousas é complicado, por iso debedes axudarlles para que se dean conta. É moi importante que lles transmitades que non hai emocións boas e malas senón agradables e desagradables pero que todas son necesarias experimentalas nalgún momento.
Déixovos este modelo de ficha para que teñades como referencia pero podédes facelo nun folio, nun caderno que teñades na casa, etc.


Espero que vos sexa útil. Mándovos un saúdo grande!

#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

OS MESES

Bo inicio de semana! Que tal estades? Hoxe damos comezo a un novo mes, o mes de xuño. Xa estamos a mediados deste ano atípico... que rápido pasa o tempo! Pois ben, ocorríuseme unha actividade para repasar os meses do ano e mais a súa correspondencia numérica cando escribimos a data curta. Déixovos un exemplo: DATA LONGA: Luns, 1 de xuño de 2020 DATA CURTA: 1/ 6 /20 Unha das características dalgúns nenos e nenas que veñen ás miñas sesións de AL como aqueles que teñen Dislexia ou TDAH é a dificultade para recordar series memorísticas como os días da semana, os meses, as estacións do ano... Por iso, esta actividade vai especialmente adicada para todos eles, aínda que tamén está recomendada para todo o alumnado que precise repasar estes aspectos. Ademais, nesta actividade tamén traballamos a comprensión lectora, xa que non é o mesmo ler unha palabra que entender o significado da mesma, e isto é imprescindible para facer este exercicio.  Trátase, por tanto, dunha act...

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

MEMORIA AUDITIVA SECUENCIAL

Bo día, familias! Recordades a proposta "E ti, tes memoria de elefante" ? Nesa tarefa o alumnado debía repetir na mesma orde a secuencia de palabras que escoitaba. Pois ben, a proposta de hoxe é unha actividade semellante, onde o alumnado deberá repetir, neste caso, unha secuencia númérica, cada vez máis grande. Comezaremos por un único díxito ata dez. Esta actividade está dirixida á totalidade do alumnado, non obstante, debemos ter en conta que canto menor sexa o cativo/a menos cantidade de números será capaz de recordar e repetir. Por este motivo, cando o neno/a non sexa capaz de reproducir os números que escoita débese parar o audio xa que, de continuarmos, o único que conseguiríamos sería unha maior frustración. Do mesmo xeito, para a rapazada que sexa capaz de seguir a secuencia numérica, podedes seguir ampliándolla verbalizando máis díxitos. Estame avisando de que está dando erros o reproductor do audio, déixovos a ligazón para escoitar o audio por se acaso...