Saltar ao contido principal

CONCIENCIA LÉXICA

Bo día a todxs!

Ás veces, o alumnado que está iniciando a lectoescritura comete erros de unións e fragmentacións de palabras. Estes erros adoitan desaparecer axiña según van profundizando na lectoescritura. Non obstante, aqueles alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe precisan un maior adestramento para corrixir estas dificultades. 
Estes erros adoitan producirse porque o neno/a non chegou a comprender o concepto de palabra, polo que é preciso traballar este concepto tanto de xeito oral como escrito (conciencia léxica). 
Xa que outro día vos presentei o audioconto do Monstro de Cores, hoxe déixovos esta proposta metodolóxica para traballar o concepto de palabra (conciencia léxica) baseada neste material.
Trátase dunha selección de oracións extraídas do conto no que todas as súas palabras están unidas. Débese ler inicialmente toda a liña e acto seguido verbalizar as palabras unha a unha mentres as contamos cos dedos. Posteriormente, cómpre separar as palabras mediante barras verticais e, finalmente, escribir correctamente a oración. Iso si, recordade facer fincapé en que se debe comezar por maiúscula e rematar en punto.  




Se non tedes impresora podedes escribir as oracións a man nun folio ou caderno deixando espazo entre oracións para reescribirlas correctamente. Tamén, podedes crear vós as vosas propias oracións e adaptar a súa complexidade en función do neno/a.
Espero que vos sexa de utilidade!
Animádevos a deixar un comentario contándome que tal vos resultou.

Un saúdo!

#ficamosnacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...