Saltar ao contido principal

PARA TRABALLAR CONCIENCIA FONOLÓXICA

Boa tarde familias!
Numerosos estudos demostran a importancia da instrucción en coñecemento fonolóxico na aprendizaxe da lectoescritura, especialmente co alumnado con dificultades de aprendizaxe.
Hoxe propóñovos un xogo que todos coñecedes, o "Vexo-vexo", pero cunha pequena particularidade: a pista que deberemos dar é a sílaba inicial da palabra. Déixovos unha plantilla onde aparecen diferentes debuxos de palabras para que vos apoiedes visualmente mentres xogades. Non fai falta imprimir as plantillas xa que se pode xogar mirando directamente á pantalla do ordenador ou na tableta. 



Unha vez adiviñada a palabra, podemos pedirlle á rapazada que escriba a palabra nun caderno, pizarra ou o que teñades a man. Se vos fixades, todas as palabras comezan por sílabas directas cuxas primeiras letras corresponden coas que se inicia o proceso lectoescritor (m, p, l, t, s); é por isto que este xogo está adaptado especialmente a aqueles nenos/as que se atopan nunha fase inicial de adquisición da lectoescritura. Non obstante, para aqueles nenos de cursos máis avanzados, podedes xogar sen a plantilla observando os obxectos do voso arredor e buscando obxectos cuxa sílaba inicial sexa de maior dificultade (inversas, trabadas ou mixtas).

Ante calquera consulta ou proposta, non dubidedes en poñervos en contacto comigo na barra lateral desplegable que pon "Formulario de contacto" ou a través meu correo electrónico:
desiree.martinez@edu.xunta.es

Que teñades unha boa fin de semana, xa queda menos :)

#ficamosnacasa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ORTOGRAFÍA VISUAL B/V

Bo día, familias! Hoxe quero presentarvos un método que emprego na miña aula para traballar a ortografía, o método de ortografía ideovisual creado por Manuel Sanjuán Nájera e Marta Sanjuán Álvarez da editorial Yalde . Este método é realmente interesante polos debuxos nos que se apoian as palabras con dificultade ortográfica (palabras con b/v, con g/j, ll/y, h...). O obxectivo é a exposición de palabras escritas con debuxos que representan o seu significado, e que se ubican naquelas letras onde o alumnado comete erros. Deste xeito, a memoria visual axúdanos a recordar a escritura correcta destas palabras.  A proposta que vos formulo hoxe está dirixida ao alumnado de niveles medios e superiores de educación primaria xa que co inicio da lectoescritura non debemos centrar tanto a atención na ortografía arbitraria e sí na asociación do sonido (fonema) coa súa representación escrita (letra ou grafía) e viceversa. Trátase dun recopilatorio de 117 tarxetas como as que vedes abaixo ...

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: CONTROL INHIBITORIO

Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual. A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras , non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta...

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Feliz venres, familias! Hoxe, 5 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente e, como non podía ser menos, a proposta de hoxe é un visionado dun vídeo relacionado con esta temática.  Segundo os datos recollidos en 2019 cada persoa en España xenera 1,26 kg de residuos urbáns ao día, o que supón case media tonelada ao ano. Multiplicado polos 46.9 millons de habitantes que somos, o resultado produce calafríos: un total de 21,57 millóns de toneladas ao ano de basura municipal. En Estados Unidos a cantidade de lixo por persoa aínda é superior, non obstante, a maioría das persoas nunca pensan dúas veces sobre o seu lixo. Unha vez que está no vertedoiro, fóra da súa vista, está fóra da súa mente. Por este motivo, Rob Greenfield a través dun documental quixo crear unha imaxe visual que axudara ás persoas a comprender a cantidade de lixo que creamos e inspiralos a realizar cambios positivos. Durante 30 días, Rob viviu como un estadounidense medio e usou cada a...