Feliz venres, familias! Coma sempre, os venres déixovos unha proposta lúdica para traballar en familia ao longo da fin de semana. Nesta ocasión, trátase dun xogo de mesa adaptado e traducido ao galego similar ao xogo Just one. Este é un xogo de mesa cooperativo no que todos os participantes xogan para conseguir a mellor puntuación. Xuntos, os xogadores teñen que facer que un deles (o xogador activo) adiviñe unha palabra misteriosa, escribindo en segredo unha pista nun papeliño. Cada un elixe a súa posta sen poñerse de acordo co resto e sendo orixinal para non escribir a mesma palabra que outro xogador. De feito, todas as pistas iguais serán anuladas antes incluso de que o xogador activo poida velas. Ao final da partida, calcúlanse as puntuacións en función do número de palabras misteriosas atopadas. Para poder xogar deberedes imprimir as tarxetas e recortalas polas liñas de puntos. Recoméndovos que lle peguedes un folio de cores para evitar que traspasen as palabras e inc...
Bo día a todxs! Hoxe déixovos unha proposta de actividade que me pediu unha familia para traballar a discriminación do fonema /sh/ e /ll/ e a súa correspondencia na escrita. Trátase dunha actividade interactiva para completar palabras seleccionando a opción correcta entre as dúas dadas. O único que tedes que facer é premer sobre a letra X ou o dígrafo LL para cada palabra e, unha vez rematadas todas, pulsar sobre "¡Terminado!" e xa vos sairá arriba de todo o número de acertos e de erros. De quererdes a ficha en formato pdf para imprimir, podedes premer AQUÍ para descargar o documento e imprimilas. Espero que sexa do voso agrado. Xa sabedes que se tedes outras propostas de actividades podedes escribirme na barra despregable da dereita en "Formulario de contacto" ou a través do meu correo electrónico desiree.martinez@edu.xunta.es Escríbense con x ou ll? , una ficha interactiva de desireemartinez live worksheets.com #ficamosnacasa