Bo día a todxs!
Hoxe déixovos unha proposta destinada especialmente para todo aquel alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade (TDA/TDAH). Esta actividade ten como obxectivo traballar as funcións executivas, máis concretamente o control inhibitorio. As funcións executivas son actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar e avaliar o comportamento necesario para acadar metas. Os nenos e nenas con TDA ou TDAH presentan dificultades nestes aspectos, de tal modo que o control inhibitorio é unha das funcións executivas esenciais no traballo co alumnado con TDAH para a mellora da impulsividade conductual.
A proposta de hoxe consiste en dicir en voz alta o nome da cor na que están escritas as seguintes palabras, non na lectura das mesmas. Este é o denominado fenómeno Stroop. Para facer correctamente esta actividade é necesario impedir a intrusión dun proceso automático como é a lectura indicando a cor da tinta coa que está escrita a palabra que non coincide co seu significado. É dicir, é unha inferencia semántica a consecuencia da nosa automaticidade na lectura.
Animádevos a deixar un comentario comentándome como vos foi nesta tarefa. En caso de surxir algunha dúbida, xa sabedes que podedes poñervos en contacto comigo a través da barra despregable da dereita en "Formulario de contacto" ou a través do meu correo electrónico desiree.martinez@edu.xunta.es
Apertas virtuais!
#ficamosnacasa
Comentarios
Publicar un comentario
Graciñas polo teu comentario :)